Para o día 31 de maio, luns, a CGT de Pontevedra convoca un Paro na Jefatura de Tráfico de Pontevedra e unha concentración diante da súa oficina, ás 12 da mañán.
Dous meses de suspensión de emprego e soldo para o compañeiro Rodrigo Vázquez Arias teñen a culpa.
Este venres, 21 de maio, entregáronlle ó compañeiro Rodrigo a proposta de resolución do seu expediente disciplinario. Dous meses de suspensión de emprego e soldo, é o que pide a instructora do expediente.
Faino despois dunha instrucción, que non pode ser calificada senon como fraude: escóndelle escritos que non llos ensina ata que está fora de prazo para presentar alegacións ou pedir a práctica de probas, non lle comunica a toma de declaración que lle fai a tres funcionarios, manipula as declaracións destes, denega a realización de probas propostas polo compañeiro e mais polo Sindicato sen máis motivación que «no resultan procedentes», etc etc
Esta sanción de dous meses é a proposta que a instructora lle fai ó Subsecretario de Interior, que é quen ten a capacidade legal de asinar unha sanción. Por iso, a CGT de Pontevedra considera necesario e imprescindible enfrentarse públicamente a esa agresión antes de que o Subsecretario estampe a súa sinatura.
Dende esta páxina web, facemos un chamamento a toda a afiliación, e simpatizantes, para conseguir unha boa concentración, que interrompa o tráfico e se signifique.
Despois desta concentración en Pontevedra, tense prevista outra diante do Ministerio de Interior, en Madrid e tamén anunciaremos a súa convocatoria.
¡Acudide á Concentración!
¡Basta de dictadura en Tráfico!
SUTSO – CGT. Pontevedra