CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/o-ere-presentado-en-atento-supon-823-despedimentos/ Export date: Sat Dec 21 12:41:47 2024 / +0000 GMT |
O ERE presentado en Atento supón 823 despedimentosNo día de hoxe, xoves 3 de xullo, celebrouse en Madrid a primeira reunión do período de consultas do ERE (Expedente de Regulación de Emprego) que a dirección de Atento Teleservicios España ten presentado. A partir de hoxe ábrese un prazo de negociación non superior a un mes no que, según a lei, débese traballar para "evitar ou reducir" os 823 despedimentos que a empresa pretende executar. Para a CGT esos 30 días son o prazo que temos os traballadores e traballadoras para obrigar a ATENTO a retirar este ataque salvaxe aos nosos postos de traballo. Desde a CGT non aceptamos nin asumimos as causas que hoxe expuxo a dirección da empresa. A propuesta da empresa por provincias é: Barcelona, 131 despidos; Lleida 25 despidos; Madrid, 187 despidos; Cáceres, 11 despidos; Bilbao, 69 despidos; Córdoba, 36 despidos; Sevilla 63 despidos; Jaén, 45 despidos; León, 48 despidos; Toledo 92 despidos; Valencia, 67 despidos; e A Coruña, 49 despidos. Os criterios que propoñen para seleccionar aos compañeiros/as son subxectivos, arbitrarios e fácilmente manipulables. Como exemplo, pretende que aspectos como o TMO, ou estar de baixa por enfermidade sexan criterios obxectivos para despedir. Os criterios poden variar ao longo destes 30 días, polo que nestes momentos non hai ningunha lista de compañeiros/as que vaian a ser despedidos/as. Se teñen fixado os martes e os xoves como día de reunións durante todo o mes de xullo. A CGT ten convocado Asembleas de traballadores e traballadoras en todos os centros de traballo para decidirmos colectivamente as medidas a levar cabo. Animamos a todos e todas a asistir e participar. Ademais, a CGT denuncia que, mentres a empresa plantexa unha medida tan traumática como esta para aforrar custos, a reunión se ten celebrado nun hotel de 5 estrelas, cun carísimo bufete de avogados (Garrigues) acompañado de economistas, técnicos e demais. Toda esta opulencia é escandalosa e frívola. A CGT  alédalle saber que os sindicatos UGT, CCOO, USO e STC manifestaran que " se oponen frontalmente" a este ERE. Animámoslles a que agora sexan consecuentes e apoien calquera medida de loita que os traballadores e traballadoras leven a cabo para defender os seus postos de traballo. Sección Sindical da CGT en Atento na Coruña |
Post date: 2014-07-03 18:51:13 Post date GMT: 2014-07-03 17:51:13 Post modified date: 2014-07-03 18:52:46 Post modified date GMT: 2014-07-03 17:52:46 |
Export date: Sat Dec 21 12:41:47 2024 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |