CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/o-24-de-outubro-folga-no-ensino-contra-a-lomce-e-os-recortes/ Export date: Sat Apr 12 4:55:40 2025 / +0000 GMT |
O 24 de outubro: Folga no ensino contra a LOMCE e os recortesA Federación de Ensino da CGT ten convocado, xunto a outras organizacións sociais e sindicais, Folga no sector do Ensino para o vindeiro 24 de outubro. ![]() Esta convocatoria enmárcase nun calendario de mobilizacións contra a contrarreforma educativa do PP (Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa) e os continuados recortes en plantillas, salarios, becas e axudas, atención á diversidade, aumento de alumnos e alumnas por clase… das diferentes administracións educativas. Este calendario está promovido desde a Plataforma Estatal en defensa da Escola Pública, na que se integra a CGT  ademais doutras organizacións sindicais, asi como  a CEAPA, a Federación de Movementos de Renovación Pedagóxica e varios sindicatos de estudantes. O calendario de mobilizacións comprende unha "consulta cidadá" sobre a LOMCE e os recortes educativos, a folga do ensino público do 24 de outubro e unha marcha sobre Madrid, seguramente o 9 de novembro. Os días 23, 24 e 25 de octubre está convocada tamén folga de estudantes. Estas accións coinciden no tempo cos trámites parlamentarios da LOMCE promovida polo ministro Wert e o goberno do PP. Esta lei propugna mais privatización do ensino, mais xestión privada da escola pública, maior xerarquización do profesorado, mais obstáculos e segregación para o alumnado, a relixión católica como materia avaliable, subvencións as privadas que segreguen por sexo… A Federación de Ensino da CGT fai un chamamento ao profesorado, PAS, PDI, nais e pais, e alumnado a sumarse á folga masivamente e con contundencia para demostrar, unha vez mais, que as propostas educativas do gobierno do PP e os recortes dos gobernos dos diversos territorios e das universidades son profundamente antisociais e perxudican gravemente a calidade da educación pública e a igualdade de oportunidades da cidadanía. Tamén animamos a realizar asembleas de centros, localidades e provincias para propor e consensuar novas accións de protesta e mobilización que den continuidade á nosa loita por un ensino público, de calidade e de xestión pública. As mobilizacións de Madrid e Catalunya, en cursos anteriores, e de Baleares, ao inicio deste curso, son modelos que a CGT comparte e que potencia porque se basean na participación activa da comunidade educativa na toma de decisións e nas accións. A CGT fai un chamamento ás clases populares para que o apoio cidadán á Folga do 24 de octubre sexa masivo e deixe constancia novamente da nosa oposición ao desmantelamento dos servizos públicos. Por unha educación publica, de calidade e universal para todas e todos: o 24 de outubro, Folga no Ensino. Mais información: Manifesto da Federación de Ensino da CGT en Rojo y Negro. 1 Blog da Sección de Traballadores e Traballadoras do Ensino e Intervención Social da CGT  da Coruña 2 |
Links:
|
Post date: 2013-10-12 09:56:57 Post date GMT: 2013-10-12 08:56:57 Post modified date: 2013-10-12 10:07:13 Post modified date GMT: 2013-10-12 09:07:13 |
Export date: Sat Apr 12 4:55:40 2025 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |