CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/nulidade-dos-despedimentos-en-atento-na-coruna/ Export date: Tue Apr 15 22:16:25 2025 / +0000 GMT |
Nulidade dos despedimentos en Atento na CoruñaLogo do peche do servizo de información 11822 na Coruña no pasado mes de abril, no que Atento despediu 17 traballadores e traballadoras, a CGT interpuxo demanda estatal por despedimento colectivo encuberto, ao sumar máis de 30 despedimentos en todo o estado durante os tres meses anteriores. Unha sentenza da Audiencia Nacional ven de recoñecer que se trataba dun despedimento colectivo e debería que ter sido tramitado como un ERE. Ao ter burlado Atento o procedemento legal, a sentenza declara a nulidade dos despedimentos e obriga a empresa a reincorporar as traballadoras e traballadores incluídos na demanda. ![]() Ainda que Atento xa empezou a notificar por escrito ás traballadoras que non vai interpoñer recurso contra a sentenza e que deben incorporarse ao seu posto de traballo este venres, 17 de xullo, a CGT denuncia a represalia que está a tomar Atento por perder o xuízo: mentres esixe a devolución íntegra da indemnización percibida no momento dos despedimentos nun prazo de 48 horas, é moito máis flexible na súa obriga de aboar os salarios deixados de percibir dende o despedimento ata a reincorporación. Sección Sindical da CGT en Atento na Coruña |
Post date: 2015-07-16 12:11:06 Post date GMT: 2015-07-16 11:11:06 Post modified date: 2015-07-16 12:24:03 Post modified date GMT: 2015-07-16 11:24:03 |
Export date: Tue Apr 15 22:16:25 2025 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |