Os traballadores e traballadoras do centro que EXTEL (empresa do sector do telemarketing) ten na cidade da Coruña veñen sufrindo dende hai algún tempo unha intolerable sangría de sancións e despedimentos con presunto apoio legal na última reforma laboral perpetrada polo goberno.
Por isto, o Comité de Empresa, ten acordado por unanimidade emprender novas mobilizacións contra estas reiteradas agresións da empresa. Así, o vindeiro 3 de Xaneiro celebrarán unha Asamblea Informativa, en dúas quendas, ás 14 e ás 16 horas no Salón de Actos do edificio de sindicatos sito na Avenida de Alfonso Molina.
Asemade, se teñen convocado paros dunha hora en cada quenda de traballo para o vindeiro  martes, 8 de Xaneiro, entre as 11:30 e as 12:30 na quenda da mañá, e entre as 18:30 e as 19:30 na quenda da tarde.
A sección sindical da CGT da Coruña en EXTEL fai un chamamento a todos os traballadores e traballadoras a superar os medos e amosar a unidade na loita e a firmeza na decisión de non tolerar ningún outro despedimento.
Mais información no Blog da Sección Sindical da CGT en EXTELÂ na Coruña
Sección Sindical da CGT en EXTEL Coruña