CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/nova-marea-branca-pola-sanidade-publica/ Export date: Thu Jan 2 15:42:06 2025 / +0000 GMT |
Nova Marea Branca pola sanidade públicaContinúa a loita en defensa da sanidade pública cunha nova Marea Branca, xa a 11ª, o vindeiro domingo 17 de abril, ás 12:30. Fronte as metiras dos gobernantes (o ministro Montoro culpabilizando aos doentes), fronte as listas de agarda, a escaseza de material e medios, ante a empleo de prótesis e materiais de inferior calidade aos empregados ata o de agora, co fin de aforrar custos, e que está a provocar dor e sufrimento as e os doentes, chega unha nova Marea Branca, reclamando a derrogación das leis 15/1997 de novas formas de xestión da sanidade, a 16/2012 de medidas de sostenibilidade do sistema, o artigo 135 da Constitución que pon a débeda por diante das necesidades básicas da cidadanía e o artigo 90 da lei Xeral de Sanidade que posibilita a concertación con centros privados. A CGT da Coruña chama a continuar a mobilización en defensa da sanidade pública, participando nesta nova edición da Marea Branca que terá lugar nas rúas de Lugo, Santiago, Pontevedra e A Coruña (Obelisco). Comité Local da Coruña |
Post date: 2016-04-12 13:34:51 Post date GMT: 2016-04-12 12:34:51 Post modified date: 2016-04-12 17:21:59 Post modified date GMT: 2016-04-12 16:21:59 |
Export date: Thu Jan 2 15:42:06 2025 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |