CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/nin-permiso-nin-retribuido/ Export date: Sun Nov 24 20:59:23 2024 / +0000 GMT |
NIN PERMISO, NIN RETRIBUÍDOAnte a decisión gobernamental de obrigar á práctica totalidade da clase obreira a un confinamento xeneralizado en situación dun suposto "permiso retribuído recuperable", a CGT de Galicia manifesta o seguinte:
Novamente, el goberno actúa sen ter en conta a clase obreira e a realidade das relacións laborais reais existentes nos centros de traballo e na maioría das empresas: unha absoluta indefensión del persoal ante as decisións e abusos empresariais. Non se pode pedir que sexan os traballadores os que paguen a crise sanitaria e debe esixirse ás empresas que asuman as consecuencias da súa actividade ou, neste caso, da ausencia dela. Tampouco esquecemos a actitude colaboradora e vergoñenta de CCOO-UGT. Soamente a organización e unión da clase obreira poderá facer fronte aos abusos da patronal e á complicidade gobernamental. Por isto o noso chamamento a non deixarse levar pola resignación, senón á loita contra toda inxustiza. Combatamos o COVID-19, pero tamén o virus capitalista; este si que está durando demasiado. Comité Confederal de CGT Galicia. |
Post date: 2020-04-03 09:17:01 Post date GMT: 2020-04-03 08:17:01 Post modified date: 2020-04-17 08:04:04 Post modified date GMT: 2020-04-17 07:04:04 |
Export date: Sun Nov 24 20:59:23 2024 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |