post

 

Ante a decisión gobernamental de obrigar á práctica totalidade da clase obreira a un confinamento xeneralizado en situación dun suposto «permiso retribuído recuperable», a CGT de Galicia manifesta o seguinte:

  1. Denunciamos a falacia que supón denominar permiso retribuído a unha situación que, por un lado, é obrigatoria -non é, polo tanto, un permiso- e que, en segundo lugar, hai que recuperar -non é, polo tanto, retribuído-. Tratase, simplemente, dunha redistribución irregular da xornada laboral decidida unilateralmente polo goberno.
  2. Con esta decisión, québrase toda a lexislación laboral sobre xornada e descansos ao permitir que se estableza, na recuperación, unha xornada superior á lexislada ou á convida. Rexeitamos que isto se faga por decisión gobernamental unilateral e non polos mecanismos establecidos legalmente (fundamentalmente, a negociación colectiva).
  3. Deixar en mans da patronal a decisión final -en caso de falta de acordo- de cómo a empresa vai recuperar ditos días, suporá un novo recorte nos dereitos laborais, coñecendo o carácter cuasiescravista da patronal, sempre proclive a laminar calquera dereito sindical.
  4. Esta situación agravarase no caso de quen teña concedida a conciliación, que se verá obrigado a negociar novamente a súa situación e distribución de xornada. Hai que ter en conta que, en numerosas ocasións, tiveron que conseguila acudindo aos tribunais, polo que no será de estrañar que volvan a necesitar xudicializar a cuestión, perdendo meses antes de que los xuíces lles volvan dar a razón.
  5. Se esta situación durase só quince días, habería que recuperar unhas tres horas semanais ata fin de año. Se a situación se prolongase máis no tempo, la recuperación convertería a xornada do persoal afectado en algo intolerable propio de situacións de escravitude, por non falar da posible perda das vacacións no proceso.
  6. É intolerable a situación da Inspección de Traballo. Os seus medios son totalmente insuficientes en situación de normalidade e moito máis na actual, limitándose, cando actúa, a reconvir ou exhortar ao empresariado e a dicirlles aos traballadores e traballadoras que acudan aos tribunais. Non se pode esperar que as situacións de inxustiza sexan resoltas pola Inspección.

Novamente, el goberno actúa sen ter en conta a clase obreira e a realidade das relacións laborais reais existentes nos centros de traballo e na maioría das empresas: unha absoluta indefensión del persoal ante as decisións e abusos empresariais. Non se pode pedir que sexan os traballadores os que paguen a crise sanitaria e debe esixirse ás empresas que asuman as consecuencias da súa actividade ou, neste caso, da ausencia dela. Tampouco esquecemos a actitude colaboradora e vergoñenta de CCOO-UGT.

Soamente a organización e unión da clase obreira poderá facer fronte aos abusos da patronal e á complicidade gobernamental. Por isto o noso chamamento a non deixarse levar pola resignación, senón á loita contra toda inxustiza. Combatamos o COVID-19, pero tamén o virus capitalista; este si que está durando demasiado.

Comité Confederal de CGT Galicia.




Comparte esta entrada ...