CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/navantia-os-traballadores-non-somos-gando/ Export date: Sat Apr 5 12:30:27 2025 / +0000 GMT |
Navantia: os traballadores non somos gando![]() Navantia leva tres semanas nas que, cuns 300 traballadores, o experimento de reinicio da actividade está sendo desastroso: 1) Non hai recursos económicos para garantir a reactivación, e isto redunda en escaseza de EPIs e nunha hixienización totalmente insuficiente. Ata tal punto que se "suxire" a reutilización das máscaras durante 5 días, o hidroxel desinfectante é escasísimo e as taquillas, duchas (a empresa cuestiona incluso a necesidade da súa limpeza entre usos) e aseos non se hixienizan axeitadamente. Isto último queren resolvelo xuntando ós traballadores en menos taquillas, no canto de reforzar o servizo de limpeza. 2) A desidia 1por parte da dirección é escandalosa: O clasismo da dirección cara ós traballadores, especialmente da IA, é inadmisible. Un exemplo: para a reorganización das taquillas xa decidiron que van abrilas e meter o contido das mesmas en bolsas que identificarán e trasladaran ás diferentes empresas auxiliares. No caso dos traballadores da principal están a pensar que facer porque saben que este comportamento pode xerar malestar. Neste contexto, a dirección decideu meter ó 50% da plantilla ó longo da vindeira semana. ¿Poden ser máis irresponsables? Claro que poden. A pesar de que tanto a lei como os protocolos internos dan preferencia ó teletraballo fronte ó traballo presencial, a empresa chamou a moitos traballadores que estaban a teletraballar, a outros que poderían teletraballar pero que non o fixeron porque a empresa non lles proporcionou os medios e incluso a traballadores especialmente sensibles (TES). Para as empresas, principal e auxiliares, nin sequera somos números. Os únicos números que coñecen, os que realmente lles importan, son os dos balances contables. Para eles somos unha masa á que explotar. Se un morre, outro o reemplaza, e problema resolto. Se isto pasa nunha empresa pública, ¿que non pasará nas privadas? Obviamente, sabemos que hai unha presión para que se reinicie toda a actividade, tamén en Navantia. Presión que o goberno, lonxe de combater, está a alentar: prolongando os ERTE ou calando sobre os beneficios das empresas e sobre a necesidade de nacionalizar a economía. A CGT en Navantia veu denunciando todo isto no noso boletín, en comunicados e nas reunións coa empresa nas que participamos. Por tanto:
A proposta da CGT e que o comité ten que estar nas portas para cortar de raíz esta reactivación que non conta coas garantías necesarias. Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol |
Links:
|
Post date: 2020-05-09 17:23:52 Post date GMT: 2020-05-09 16:23:52 Post modified date: 2020-05-11 17:32:57 Post modified date GMT: 2020-05-11 16:32:57 |
Export date: Sat Apr 5 12:30:27 2025 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |