CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/navantia-ferrol-todo-o-apoio-a-folga-do-metal/ Export date: Thu Mar 13 3:59:36 2025 / +0000 GMT |
Navantia Ferrol: todo o apoio á folga do metal![]() O días 5, 12, 18 e 19 deste mes está convocada folga no metal pola negociación do convenio provincial de sidero. As reivindicacións centrais dos traballador@s son recuperar poder adquisitivo e cláusulas de revisión que garantan que non se perda máis, ampliar o dereito de subrogación, limitación das ETT, regulación do tóxico, penoso e perigoso... Pola outra banda, a patronal mantén unha postura moi lesiva para os traballador@s: 6 anos de vixencia, sen cláusula de revisión salarial, aumento da xornada flexible... Tras máis de dous anos (o convenio rematou o 31/12/2019), a patronal non só non cede, senón que aínda endurece máis a súa postura. Está claro que a case total ausencia de mobilizacións foi un erro. Hai que dar unha resposta. Neste senso, esta folga é un paso moi importante porque a folga é unha ferramenta clave para que os traballador@s poidamos defender e conquistar dereitos. Temos que mirar a exemplos marabillosos como a folga do metal de Cádiz e comprender a necesidade de estender a loita a outros traballador@s, á mocidade e ó pobo en xeral. Esta estensión ten que comezar dentro das factorías de Navantia. O convenio da principal rematou o pasado 31 de decembro. Temos que unir forzas, temos que recuperar a unidade que houbo no pasado entre a principal e as compañías para loitar todos unidos en defensa duns intereses que son COMÚNS. Hoxe por ti e mañá por min, como sempre se dixo. Todos sairemos gañando. A CGT dá total apoio a esta folga e, por tanto:
UNHA SOA CLASE, UNHA SOA LOITA! POLA UNIDADE D@S TRABALLADOR@S! Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia - Ferrol |
Post date: 2022-05-04 16:45:38 Post date GMT: 2022-05-04 16:45:38 Post modified date: 2022-05-04 16:45:39 Post modified date GMT: 2022-05-04 16:45:39 |
Export date: Thu Mar 13 3:59:36 2025 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |