O mércores pasado, o comité de empresa publicou un comunicado informando da celebración mañá dunha xornada de loita pola situación da carga de traballo. Xa ha iun par de meses que a CGT se pronunciou a favor de que os traballadores iniciásemos a mobilización en demanda de carga de traballo e, por tanto, CHAMAMOS A TÓDOLOS TRABALLADORES A PARTICIPAR NAS MOBILIZACIÓNS DE MAà‘Á. Ademais, como o xoves pola mañá tamén van mobilizarse os compañeiros de Poligal, consideramos que debemos confluír e unir as forzas de todos.
Pero en todo isto hai outro aspecto a analizar. A mobilización non é simbólica: saída á rúa, encerro e manifestación vespertina. A pesar disto, o comité de empresa non convocou unha asemblea xeral. É A PRIMEIRA VEZ QUE O COMITÉ DE EMPRESA CONVOCA UNHA XORNADA DE MOBILIZACIÓN SEN LEVAR A PROPOSTA Á ASEMBLEA XERAL PARA SOMETELA Á CONSIDERACIÓN DOS TRABALLADORES. Grave? Si. Pero non sorprendente.
Esta actuación do comité representa un novo salto adiante no seu proceso de progresivo afastamento dos traballadores. O comité non está a actuar como representante do conxunto dos traballadores, senón como axente das respectivas federacións slndicais. A representatividade outorgada polo conxunto dos traballadores ó comité de empresa está sendo utilizada para defender os intereses dos aparatos sindicais. Quen está a negociar os novos ingresos? O comité de empresa. Que información transmite? Absolutamente ningunha, a pesar de que é a súa obriga. A información só se dá en reunións de afiliados. Igual que no terreo político algúns confunden os concellos cos partidos. no terreo sindical algúns confunden os comités cos sindicatos.
Os representantes dos traballadores están a utilizar a súa representatividade para excluír o conxunto dos traballadores da toma de decisións. Por que lles molestamos os traballadores? Porque podemos cortocircuitar os seus pasteleos coa empresa, como se demostrou no IV Convenio. Por iso no recente convenio único ocultaron a información e impediron que a asemblea votase propostas que non saian do comité. Non convocar agora asemblea xeral é a continuación lóxica desta deriva verticalista. A CGT ESIXE QUE O COMITÉ DE EMPRESA Â CONVOQUE Â UNHA ASEMBLEA XERAL DE TÓDOLOS TRABALLADORES DOÂ RECINTO PARA DEBATER A SITUACIÓN DA CARGA DE TRABALLO E OS PASOS A DAR POLOS TRABALLADORES Â PARA Â REIVINDICALA.
O comité equivócase tamén dende o punto de vista da propia mobilización porque a súa actuación antidemocrática podería levar a que algúns traballadores expresen o seu malestar non participando nas mobilizacións. Dende a CGT pensamos que isto seria un erro e chamamos ós compañeiros a diferenciar unha cousa da outra. A mobilización é necesaria, por nefasta que sexa a actuación do comité. A maneira de combater as actuacións antidemocráticas do comité é fortalecendo o sindicalismo combativo, democrático e asembleario que representa a CGT.
Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol