CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/navantia-ferrol-outra-vaca-no-mainzo/
Export date: Tue Jul 16 7:49:31 2024 / +0000 GMT

[Navantia Ferrol] Outra vaca no maínzo




Navantia tamén ten as súas portas xiratorias, os seus transvasamentos dende postos de responsabilidade na empresa pública á empresa privada.

En 2005, o número dous de Izar dimiteu para formar a empresa que o ano seguinte comprou Izar-Sestao. Máis recentemente, en 2017, o que ata había pouco fora o director de Fene-Ferrol converteuse en director xeral dunha empresa do Grupo Daniel Alonso, propietario de Windar.

Agora temos un novo caso: un individuo que ata hai ben pouco aparecía no organigrama como adxunto á Dirección Comercial e Desenvolvemento de Negocio corporativa, vencellado á eólica mariña, e que tamén foi unha das persoas que o ano pasado non se xubilou cando cumpreu os 65 anos, fichou por Windar ós poucos días de entrar no ERE, operación grazas á cal se embolsará decenas de milleiros de euros libres de impostos en concepto de indemnización por un suposto despedimento.

¿TODO LEGAL? PODE SER. ¿ÉTICO? PARA NADA. TODO O CONTRARIO: É UNHA VERGONZA E UNHA INDECENCIA.

Para xustificar o plan, cansamos de oír (lamentablemente non só pola parte empresarial) que a situación da empresa era delicadísima, que estaba ó borde da bancarrota, que as asimilacións e outros aspectos do convenio eran unha carga económica excesiva, que o futuro de Navantia podía estar en perigo... Pero unha vez máis demóstrase que, para o que lle interesa á dirección da empresa, hai cartos dabondo. ¡Que se deixen de lerias!

E unha vez máis demóstrase tamén que hai directivos de Navantia que parasitan a empresa pública en beneficio de intereses privados. Este individuo andaba o xoves pasado revoloteando por Informática a última hora da xornada. ¿A que andaba? Con toda seguridade, na busca de información ou dalgunha comenencia para a súa nova empresa. É inexplicable que a Dirección o deixe entrar. Ou, visto o visto, quizais non tan inexplicable.

Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia-Ferrol

Post date: 2019-05-20 09:08:03
Post date GMT: 2019-05-20 08:08:03

Post modified date: 2019-05-20 10:09:15
Post modified date GMT: 2019-05-20 09:09:15

Export date: Tue Jul 16 7:49:31 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com