CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/navantia-discrimina-a-cgt-coa-colaboracion-de-mas-cig-e-ccoo/ Export date: Tue Mar 4 5:02:42 2025 / +0000 GMT |
Navantia discrimina á CGT coa colaboración de MAS, CIG e CCOO![]() Tralo esforzo conxunto para sacar adiante o preacordo de convenio, a dirección de Navantia acaba de aliarse de novo con CCOO, MAS e CIG, esta vez para EXCLUÍR Á CGT DOS PROCESOS DE NOVOS INGRESOS: 1) RRHH non nos convoca ás reunións, a pesar das reiteradas protestas da CGT. 2) Eses tres sindicatos, ademais de tampouco avisarnos das reunións, eliminaron á CGT do grupo de WhatsApp e do correo do comité para temas de emprego, a fin de impedirnos acceder á información sobre o tema. Esta situación, que se arrastra desde o 13 de decembro, tratouse nun pleno do comité o xoves da semana pasada. A CGT pediu que nos explicasen o motivo. A resposta do voceiro da comisión (MAS) foi que actuaban de acordo co regulamento do comité e que podían facelo. É CASUALIDADE QUE A EMPRESA, MAS-CIG E CCOO EXCLÚAN Á CGT XUSTO AGORA QUE SE ANUNCIOU UNHA NOVA CONVOCATORIA DE 97 PRAZAS? Durante os últimos anos vimos moitas inxustizas, irregularidades e ilegalidades por parte da empresa:
Pero tamén vimos inxustizas e irregularidades pola parte sindical:
A CGT combateu e denunciou arreo todas estas inxustizas. Por iso lles molestamos: SOMOS UN OBSTÁCULO PARA AS TRANGALLADAS. De CCOO e MAS non esperabamos outra cousa. Pero temos que laiarnos de que a CIG, que viña coincidindo coa CGT (houbo comunicados e asembleas conxuntas sobre temas de emprego), opte agora polo lado escuro. A CGT considera ILEGAL a nosa exclusión e loitaremos contra ela con todos os medios que consideremos oportunos. As consecuencias que se poidan derivar desta situación serán responsabilidade da dirección delincuente de Navantia e daqueles que conciben o sindicalismo como un negocio clientelista. Por uns procesos de ingreso xustos, obxectivos e transparentes ! Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia - Ferrol |
Post date: 2025-03-03 16:38:10 Post date GMT: 2025-03-03 16:38:10 Post modified date: 2025-03-03 16:38:11 Post modified date GMT: 2025-03-03 16:38:11 |
Export date: Tue Mar 4 5:02:42 2025 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |