CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/mobilizacions-da-cgt-en-correos-na-coruna/
Export date: Tue Jul 16 9:45:55 2024 / +0000 GMT

Mobilizacións da CGT en Correos na Coruña


patadon_correosOs compañeiros e compañeiras da CGT en Correos na Coruña desenvolverán durante toda a semana diferentes accións reivindicativas co obxectivo de informar á cidadanía da actual situación do servizo público postal na cidade coruñesa, denunciando os recortes que se están a producir. No ano 2013 Correos reduciu na Coruña o número de prazas de reparto, chegando no día de hoxe xa a 17 prazas de repato perdidas na cidade

As accións comezan o luns 16 de decembro, ás 17 horas coa presentación pública da campaña nun acto informativo na AAVV de Monte Alto, no que se trasladará á veciñanza a preocupación da CGT pola redución das prazas asignadas para ese barrio. O día 17 de decembro, ás 9 horas terá lugar unha manifestación festiva diante da oficina principal de Correos na Coruña (UR1), na rúa de Alcalde Casás, e o mércores, día 18 de decembro haberá unha concentración, tamén ás 9 horas, na oficina da rúa de Vizcaia (UR2). Durante o resto da semana se sucederán accións no resto das oficinas, reparto de material informativo, ...

Mais información no blogue da CGT en Correos na Coruña.

CGT en Correos na Coruña

Post date: 2013-12-16 21:40:45
Post date GMT: 2013-12-16 20:40:45

Post modified date: 2013-12-16 21:40:45
Post modified date GMT: 2013-12-16 20:40:45

Export date: Tue Jul 16 9:45:55 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com