CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/mobilizacions-contra-a-privatizacion-do-ferrocarril-na-coruna/
Export date: Tue Jul 16 12:47:22 2024 / +0000 GMT

Mobilizacións contra a privatización do ferrocarril na Coruña


A CGT da Coruña, fai un chamamento á participación nas mobilizacións que teñen sido convocadas en defensa dun ferrocarril público e social na comarca da Coruña.

O vindeiro venres, 25 de outubro, está convocada unha Concentración da Plataforma en defensa do tren da Coruña e as Mariñas en protesta polo plan de privatización do ferrocarril, que terá lugar ás 19:00 horas na estación de ferrocarril da Coruña.

Ademais,  a mesma Plataforma en defensa do tren da Coruña 1, na que a CGT da coruña participa, convoca unha Manifestación o domingo día 27 de outubro en Betanzos, dende a estación do tren de Betanzos Cidade ata a Praza do Vampo, onde terá lugar un acto reivindicativo. O punto de reunión será na estación da Coruña,  para irmos ata Betanzos no tren que sae da Coruña ás 11:00 da mañá.

Desde a Plataforma se rexeitan os recortes en materia ferroviaria, así coma a destrución e precarización do emprego no sector.

cartaz_ferrocarril_20131025  cartaz-betanzos
Links:
  1. http://defensatren.wordpress.com/
Post date: 2013-10-24 14:34:24
Post date GMT: 2013-10-24 13:34:24

Post modified date: 2013-10-24 15:01:10
Post modified date GMT: 2013-10-24 14:01:10

Export date: Tue Jul 16 12:47:22 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com