En solidariedade co conflicto de CLECE  convócase unha concentración na sede de la empresa Avda. Hispanidad 68 Vigo el próximo jueves  14-02-2013 de 11 a 13h.
O Programa Municipal de Intervención Familiar, que se ven desenvolvendo con éxito dende hai máis de dezaseis anos, pasou a ser xestionado recentemente pola empresa de multiservicios CLECE S.A sen experiencia no sector e en detrimento da atención e da calidade que se viña prestando.
O Programa, que está formado por un equipo multidisciplinar de catorce profesionais: educadores sociais, traballadores sociais, psicólogos e unha administrativa, desenvolve labores de integración social e presta apoio a máis de 380 familias mutiproblemáticas, que fan un total de 1432 cidadáns de Vigo, dos que 657 son menores.
Coa concesión deste Programa a CLECE S.A as familias en situación de risco coas que se traballaba xa se viron perxudicadas polas actuacións de dita empresa, atentando contra a dignidade dos profesionais do Programa, ós que impide que fagan o seu traballo, xa que non se lles remunera os desprazamentos que deben realizar nin respetan as condicións da subrogación, por non manter o salario que se estaba a percibir. Impiden a conciliciación laboral e familiar dos traballadores, favorecendo a precariedade laboral. Sen nada ter que ver a crise actual xa que a partida presupuestaria do Concello de Vigo para este Programa non se víu diminuída.
¿Quen se está embolsando os cartos dos traballadores? ¿Como gaña os concursos públicos este tipo de empresas, á baixa, a costa do servizo que prestan e do salario dos traballadores? ¿ e o Concello?, máximo responsable, cando vai por fin a estos agravios?.