Onte, 12 de marzo, en Madrid miles de personas participamos na manifestación convocada pola Confederación Xeral do Traballo (CGT). Os militantes de Vigo e Pontevedra portábamos as pancartas que facían alusión á represión sindical contra os militantes da CGT, os despidos na fábrica de Citrà¶en de Vigo e a convocatoria dunha nova manifestación por ese mesmo motivo en Vigo o día 26 de marzo.
Como dixo o Secretario xeral da CGT non "toleraremos a represión contra os militantes da CGT, como a que está en ocurrir en Citrà¶en de Vigo, en Ford de Valencia e … non debemos delegar o noso protagonismo na loita contra as inxustizas, temos que seguir reivindicando e loitando polos dereitos que nos están sendo arrebatados pola firma do recente pacto social".

Comparte esta entrada ...