CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/metal-demsu-nin-despidos-nin-represion/
Export date: Tue Jul 16 8:44:15 2024 / +0000 GMT

Metal. DEMSU- Nin despidos nin represión.


NIN DESPIDOS NIN REPRESIÓN
 DEMSU SOLUCIÓN


Demsu é unha empresa do pequeño metal situada no polígono industrial da Portela, O Rebullón ,MOS,  un polígono industrial ilegal sen servizos de alcantarillado, nen recollida de lixo, bendecido ademáis polo concello de MOS, a Asociación de Empresarios de MOS, e a Consellería de Innovación Industria e Comercio. A impunidade que Manuel Pérez, ex_alcalde de Vigo polo PP, concede os empresarios deste polígono e total. Manuel Pérez, inspector de traballo deste polígono sempre ten coartada para xustificar os abusos que os empresarios someten ós seus traballadores. Outra vez a incompetencia, a súa cómoda poltrona, fai imposible un traballo digno. A Confederación Xeral Do Traballo, C.G.T., leva anos pelexando por mudar esta situación; máis a inxustiza do que non fai nada, fai que  a desconfianza nos canais institucionais creza cada día. ¿É DEMSU  un caso illado?, dende A C.G.T. sabemos que non.

Moitos son os abusos que os traballadores e traballadoras de DEMSU. sofren día a día. DEMSU é unha empresa onde os dereitos dos traballadores teñen a mesma valía que o papel hixiénico. O trato recibido dos responsables é de mala educación. O abuso de autoridade, as diferentes chantaxes e chachulladas deterioran día a día as relacións entre traballadores e dirección. Os traballadores temporais teñen que renunciar a todos os seus dereitos sen fungar, incluso mostar gratitude, se queren superar a "aprendizaxe" e seguir tendo un traballo. Así os traballadores da empresa son valorados mais pola súa capacidade de "submisión" que pola súa profesionalidade.

A flexibilidade é unha teima da dirección, flexibilidade sen límite e segundo as arroutadas do mandamáis de turno, sen compensación,  sen nada. Ademais, todo isto agravado coa burla ás peticià²ns e reclamacións do delegado de persoal representante dos traballadores

Dende que un grupo de traballadores, afiliados a C.G.T. e outros sindicatos e, fartos xa destes abusos, decidiu libremente defender os seus dereitos a  dirección non descansou para reprimir, illar, marxinar e intentar dividir a este grupo. Prohibicións, disminución do tempo do bocadillo, videovixianxia, sancións, discriminación no dereito a formación, imposición do periodo vacacional, modificación do horario laboral, impedimentos para distribuir información da C.G.T., represión os afiliados a este sindicato, son algúns dos exemplos máis visibles.

Un destes traballadores, Fernando, militante da C.G.T.,  foi o máis castigado, ata o punto de mermar a súa saúde. Unha longa baixa debido as taquicardias que sufría cada vez que era acosado laboralmente foi a consecuencia. Coñecida pola dirección esta debilidade, e unha vez reincorporado ó traballo, xa dende o primeiro día foi abroncado, advertido, e ameazado co despido, animado a tirar a toalla e deixar o traballo, acusado de formar parte activa da C.G.T, coa arrogancia propia dun tempo, o franquismo, xa pasado. Abusos que coa dignidade que o caracteriza, foron respostados con escritos, demandas xudicais e denuncias en Inspección de traballo. Nembargantes, a gratuitade con que Manuel Pérez  agasalla os empresarios deste polígono, anima   a que a dirección de DEMSU  aumente a presión e inventa unha falta grave falsa que afecta outa vez ó seu corazón. Nese momento Fernando pide ser trasladado a un centro médico polo que é insultado e provocado á vista dos seus compañeiros, ademais de negarlle tal dereito.Outra vez a enfermidade é o resultado. O día que comunica a súa reincorporación o traballo despois desta segunda baixa é despedido fulminantemente e sen dereito a indemnización. A C.G.T. e os traballadores en xeral non podemos permitir estes abusos e sen dúbida daremos unha resposta  axeitada. E por todo isto que solicitamos a vosa solidariedade e vos animamos a facerlle fronte a tanta inxustiza, impunidade e abusos facendo chegar o vosa repulsa directamente a DEMSU  vía:
e-mail: cad@demsu.com 1
teléfono: 986288179
fax: 986288478




 
PINCHA AQUÍ PARA VER TEXTO A ENVIAR POR E. MAIL


 
Links:
  1. mailto:cad@demsu.com
Post date: 2008-04-30 19:30:00
Post date GMT: 2008-04-30 18:30:00

Post modified date: 2008-04-30 19:30:00
Post modified date GMT: 2008-04-30 18:30:00

Export date: Tue Jul 16 8:44:15 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com