Ante o novo conflicto que esta a desenrolarse no Sector do Metal, e como parte no mesmo. A Confederación General del Trabajo, convoca una rolda de prensa, o venres día 25 de Enero, as 11:00 no local do Sindicato, rua Urzaiz nº 73 entrechan- dereita.
Trala firma das táboas salariais do ano 2008, que continúan co erro denunciado publicamente pola CGT e xudicialmente por unha das centrais asinantes, a CGT vese na obriga de informar a tódolos traballadores afectados das consecuencias que esta reinterpretación do asinado esta a ter para os seus petos.

A CGT coma Sindicato que non ten a condición de central sindical representativa no sector non pode presentar un Conflicto Colectivo. Polo que o longo do ano pasado, 2007, tentou de convencer as centrais con capacidade para facelo da necesidade de tan drástica medida.

Tras reunións mantidas con todas elas, finalmente a UGT deu o paso de presentar Conflicto Colectivo.

O motivo son as irregularidades cometidas na elaboración das táboas salariais. Tódolos asinantes de dito Convenio a hora de aplicar o acordado no artigo 55 cometeron unha irregularidade manifesta que está a perxudicar a centos de traballadores.

O pasado día 4 de Xaneiro celebrouse o Acto de Conciliación no Servicio Galego de Arbitraxe e Mediación, paso necesario para acudir a vía xudicial.

Comparte esta entrada ...