CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/mas-de-2000-personas-exigen-el-cierre-de-celulosas/ Export date: Thu Dec 5 2:42:38 2024 / +0000 GMT |
Máis de 2000 manifestantes polo Peche de CelulosasUn ano máis a CGT de Pontevedra renovou o seu compromiso na defensa do medio ambiente, do traballo e a saúde e pola recuperación da Ría para o benestar dos veciños e veciñas de toda a comarca, participando na XVIII Marcha anual polo Peche do complexo ENCE-Elnosa na marisma de Lourizán. Na longa marcha de aproximadamente tres kilómetros, uns chegados desde Marín e outros desde a Alameda de Pontevedra, unhas dous mil persoas concentrámonos diante de Celulosas. Durante a marcha, a CGT repartiu uns mil panfletos nos que destacaba súa posición nesta longa loita contra a única empresa de Celulosa en todo o estado, condenada por delito ecolóxico. Este é o texto repartido: " O traballo crea riqueza. O capitalismo salvaxe a destrúe. En defensa do traballo e o disfrute social da riqueza: ENCE FORA DA RÍA Un dos feitos máis importantes que diferencian á CGT de outras organizacións é que a CGT é un sindicato "finalista", cuxa actividade sindical ten o doble obxectivo de, por unha banda, mellorar día a día as condicións laborais, económicas e sociais da clase traballadora e, por outra, lograr unha sociedade máis xusta que a actual, na que os bens da natureza e a riqueza colectivamente producida sexan por todos disfrutados, sen privilexios nin desigualdades, para deixar ós nosos fillos un mundo mellor do que herdamos. Na CGT os traballadores, sexa cal fora a súa condición particular, unímonos para levar a cabo de xeito cotiá esa loita final. Por isto, na CGT a acción estrictamente sindical nas empresas e a acción social e cívica en defensa da natureza, da saúde, da vivenda, da solidariedade social son só dos aspectos dunha mesma loita. Esta é a razón de que sexa a CGT a única organización sindical que en Pontevedra convoca e participa cada ano, sen ambaxes, na esixencia do peche de ENCE en Lourizán A construción do complexo industrial de Celulosas sobre o banco marisqueiro de Lourizán impuxo a perda de innumerables postos de traballo e a destrución da ría. ENCE contamina, atenta permanentemente contra a saúde dos traballadores, as súas familias e veciños de toda a Ría, destrúe delictivamente a riqueza marisqueira e pesque- ira, empobrece o monte galego e asfixia económica e socialmente unha inmensa área de grandes posibilidades. A CGT alenta ós traballadores e traballadoras pontevedreses para dicir xuntos que non toleraremos que a Ría -a casa natural que compartimos cos nosos fillos, veciños e amigos- continúe a ser privatizada e contaminada pola presenza de ENCE. Na CGT todas as decisións adóptanse na asamblea do sindicato, sen xefes nin burocracias; se declara libertaria e non autoritaria; federalista e non centralista; internacionalista, sen outra patria que a da clase traballadora e cuxo fin último e primeiro non é outro que a transformación da sociedade, para acabar coa inxustiza social, a discriminación económica e a explotación en calqueira das súas formas. Se compartes con nós estes plantexamentos sindicais e sociais, necesitamos do teu compromiso. Afíliate á CGT para loitar xuntos, libres e solidariamente, contra este réxime social, político e económico que nos rouba e empobrece. Chama ó teléfono 627 791 645 ou ben escribe a cgt@cgtpontevedra.com Comité Local de Pontevedra da CGT, maio de 2013 |
Post date: 2013-06-03 13:15:04 Post date GMT: 2013-06-03 12:15:04 Post modified date: 2013-06-04 11:33:33 Post modified date GMT: 2013-06-04 10:33:33 |
Export date: Thu Dec 5 2:42:38 2024 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |