CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/marchas-da-dignidade-manifestacion-25-de-febreiro/ Export date: Thu Nov 21 17:10:02 2024 / +0000 GMT |
A CXT de Galicia chama a tomar as rúas da Coruña o 25F en defensa das pensións e dos servizos públicosA manifestación do 25 de febreiro, convocada polas Marchas da Dignidade de Galicia na Coruña, dará prioridade á defensa das Pensións Públicas e a defensa dos Servizos Públicos como esenciais para todas as persoas. A CGT de Galicia fai un chamamento a todos os traballadores e ao pobo galego en xeral para que participe nesta mobilización en defensa daquelas conquistas que, recoñecidas polo poder tras moita loita, sufrimento e, mesmo sangue, están a ser desmanteladas e expropiadas polos explotadores e os seus fieis servidores, os políticos de garda, para traspasalas a mans privadas e para encher os seus petos. Así mesmo, a CGT de Galicia non pode esquecer a todas as persoas que, neste momento son reprimidas utilizando a lexislación chamada "democrática" como coartada. Reclamamos que todos aqueles encarcerados e procesados por loitar polo dereito de folga, o de manifestación, o de expresión ou o de protesta sexan liberados ou os seus procesamentos anulados. Non imos admitir sen máis que compañeiras e compañeiros que están a loitar polo de todos vexan partida a súa vida por estar en primeira liña de loita contra a inxustiza. A CGT de Galicia chama a ocupar as rúas coruñesas o próximo 25 de febreiro e convida a participar a toda a clase obreira, en activo ou desempregada, a estudantes, pensionistas, inmigrantes, ás diferentes "Mareas", aos colectivos antidesafiuzamentos e a todas as persoas que sofren o feroz ataque desenvolvido contra a maioría social co pretexto da crise-estafa. Para a CGT de Galicia non existen tempos mortos. Por iso é necesaria a unificación de todas as loitas. O sábado, 25 de febreiro de 2017 é un momento adecuado para levalo a cabo e vaticinamos que esta mobilización será un excelente preludio para a manifestación que terá lugar en Madrid o 25 de maio. PAN, TRABALLO E TEITO! CONTRA O DESMANTELAMENTO DAS PENSIÓNS! POLO PÚBLICO, PORQUE É DE TODOS! BASTA DE REPRESIÓN SINDICAL E SOCIAL! |
Post date: 2017-02-17 20:05:36 Post date GMT: 2017-02-17 19:05:36 Post modified date: 2017-02-27 18:26:56 Post modified date GMT: 2017-02-27 17:26:56 |
Export date: Thu Nov 21 17:10:02 2024 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |