CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/manifesto-galego-das-marchas-da-dignidade-22m/ Export date: Sat Nov 23 17:53:44 2024 / +0000 GMT |
Manifesto galego das Marchas da Dignidade 22MO pasado día 11 de febreiro, as organización sindicais CGT, CUT, SLG, STEG, S.E. e SF acordaron subscribir o seguinte manifesto e invitan a toda a sociedade galega a que se sume: MARCHAS DA DIGNIDADE DO 22 DE MARZO UNIFICAR AS LOITAS PARA A TRANSFORMACIÓN REAL Ante a convocatoria das Marchas da Dignidade que converxerán en Madrid o próximo 22 de marzo, as organizacións sindicais, sociais e cidadás de Galicia asinantes, manifestamos o seguinte: Apoiamos as Marchas ante o gravísimo deterioro das condicións de vida do pobo, provocado porque os poderes financeiros e os seus lacaios, os representantes políticos, están destruíndo as conquistas que tanto suor e mesmo sangue custaron: empregos minimamente dignos, sanidade, educación, servizos sociais básicos, prestacións por desemprego, cultura, vivenda, transportes públicos, etc., están desaparecendo coa escusa dunha crise que é a coartada que xustifica todo tipo de desmandos. Se a isto lle engadimos as medidas represivas que están a levar a cabo contra os dereitos de manifestación, folga ou expresión de todo aquel que se lles enfronte con decisión, o panorama non pode ser máis desolador. Tras a nefasta Reforma Laboral que sementa dor por todas partes, na actualidade pretenden aprobar leis profundamente autoritarias e retrógradas: a lei de Seguridade Cidadá e a Lei do aborto son unha mostra disto. Todos seremos posibles obxectivos desta lexislación, que deixa nas mans do poder político e do empresariado unha patente de corso para actuar con total impunidade. Toda unha batería de medidas reaccionarias que atenta contra nós, como cidadáns e que nos nega como País. Acusamos aos poderes políticos e empresarias, e tamén ao FMI, á UE, ao BCE, cómplices da voracidade capitalista, de:
Cando milleiros de persoas saen ás rúas, con folgas ou mobilizacións en defensa dos seus empregos ou de dereitos esenciais como á vivenda, á sanidade, á educación, aos transportes públicos e sociais, a un entorno saudable, etc., a resposta é a represión, a violencia e unha orde social autoritaria. Pero iso non se supera só con máis indignación, senón que hai que apostar pola insubmisión ás súas leis, feitas premeditadamente para favorecer aos seus amigos. Paga a pena loitar e recuperar a dignidade como pobo. Hai que pasar á ofensiva como clase traballadora e como sectores populares, e pasar a exercer a maioría social que somos. Por iso, mobilizámonos para:•Dicirlles aos poderosos que xa abonda de nos roubar: empregos, salarios, pensións, saúde, educación e os dereitos imprescindibles para levar unha vida minimamente digna.
Por todo isto esiximos:
Mobilizámonos por dignidade, porque estamos convencidos de que a loita e a mobilización permanente é o único camiño e por iso convocamos e constituímonos en columna galega, a integrar nas Marchas da Dignidade que confluirán o vindeiro 22 de marzo a Madrid, como un paso máis para conseguir os bxectivos que nos temos marcado. VIVA A LOITA DA CLASE OBREIRA E OS SECTORES POPULARES! Máis información: Blog da Plataforma Galega polas Marchas da Dignidade 22M 1 |
Links:
|
Post date: 2014-02-14 19:29:30 Post date GMT: 2014-02-14 18:29:30 Post modified date: 2014-02-19 11:02:06 Post modified date GMT: 2014-02-19 10:02:06 |
Export date: Sat Nov 23 17:53:44 2024 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |