A Plataforma Galega polas Marchas da Dignidade, na que se integra a CGT de Galicia, ten convocado para o vindeiro 25 de febreiro, mércores, manifestacións nas principais cidades galegas para chamar á toda a poboación a apoiar e participar nas Marchas que o 21 de marzo confluirán na cidade de Madrid para reclamar pan, traballo e teito.

  • cartel-21mEn Ferrol, a manifestación partirá do Monumento ao 10 de Marzo, ás 18:30 horas.
  • Na Coruña, saída da manifestación dende a Praza de Portugal, ás 20 horas.
  • En Lugo, a manifestación sairá ás 20 horas dende a explanada do Edificio Multiusos da Xunta.
  • En Compostela, tamén ás 20 horas, sairá a manifestación dende a Porta do Camiño.
  • En Ourense, o punto de partida será o Parque de San Lázaro, ás 20 horas.
  • En Pontevedra, dende A Pasarela (rúa 12 de novembro) sairá a manifestación ás 20 horas.
  • En Vigo, ás 20 horas dará comezo a manifestación dende a praza de Fernando o Católico.

Na Coruña, tamén está convocada para o vindeiro xoves, 19 de febreiro, unha concentración diante do Museo de Belas Artes, en coincidencia coa presenza dos reis na cidade. Será ás 18:30 na rúa de Zalaeta.

Comparte esta entrada ...