O día 29, día da Folga Xeral, a CGT da Coruña fará unha manifestación que sairá, ás 12:30 horas, da Praza de Portugal. Percorrerá o centro da cidade, atravesando as Prazas de Pontevedra, Lugo e Ourense, para rematar na Delegación do Goberno. O lema da pancarta é Basta de recortes, de explotación e de mentiras.