CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/manifestacion-en-vilagarcia-por-alfageme/
Export date: Fri Jan 3 5:38:08 2025 / +0000 GMT

Manifestación en Vilagarcía por Alfageme




O venres, día 11 de xuño, máis dun centenar de persoas acudiron a manifestación convocada por CGT en Vilagarcía en defensa dos postos de traballo na factoría de Alfageme en Vilaxoán (ex-Conservas Peñas) e pola continuidade da actividade conserveira na bisbara.

A loita das traballadoras e da CGT na defensa dos postos de traballo da conserva na fábrica de Vilaxoán continúa, máis firme que nunca se cabe, ante o perigo de que o ERE remate coa liquidación da empresa.
As traballadoras de Alfageme en Vilaxoán e a CGT esixen á Xunta de Galicia, que a través do IGAPE avalou os Plans especulativos e ruinosos da inmobiliaria Promolar que asuma a súa responsabilidade, aposte por manter a actividade conserveira e a continuidade dos postos de traballo e por recuperar os cartos públicos comprometidos.

Esixen tamén aos propietarios da empresa (novos ou vellos) a inmediata elaboración dun plan industrial conserveiro que garante a continuidade da produción conserveira coa actual plantilla e con todos os seus dereitos recoñecidos.

Reclaman a administración concursal o cumprimento da finalidade do ERE suspensivo: a continuidade da actividade produtiva conserveira no máis breve tempo posible.

Ate agora Promalar e seus aliados lograron pechar a fábrica de Vigo e levar ó paro a máis de cen traballadores, grazas a pasividade, cando non complicidade, dos seus representantes sindicais, a CIG e UGT. O eslogan máis repetido na manifestación facía alusión a este feito: "¡Vilaxóan non se pecha! ¡Non, non, non, non o lograrán, pechar Vilaxoán!".
A loita continúa.

CGT - Arousa
Post date: 2010-06-13 11:51:10
Post date GMT: 2010-06-13 10:51:10

Post modified date: 2010-06-13 12:02:25
Post modified date GMT: 2010-06-13 11:02:25

Export date: Fri Jan 3 5:38:08 2025 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com