cartel_ferrocarril_mani_madrid_20130629A CGT ten convocado manifestación en Madrid para o vindeiro día 29 de xuño, que sairá ás 12 horas da Estación de Atocha e rematará na Porta do Sol. As mobilizacións, que ata agora se viñan plantexando descentralizadamente, pretenden non só a defensa dos empregos ferroviarios, ante os ERE"s anunciados en RENFE e ADIF, os recortes en Cremonini, polo futuro dos traballadores e traballadoras de Contratas Ferroviarias, Servizos Auxiliares, Comfersa, etc…, as habilitacións para o persoal da extinta FEVE, senón tamén a protesta pola inminente liberalización do ferrocarril, as supresións de trens de media distancia, o peche de liñas, a fragmentación de ADIF e RENFE.
Para a CGT sobran os motivos para a mobilizacións, por iso chama á participación masiva na manifestación do 29 de xuño, e anuncia a convocatoria de folgas en todo o sector ferroviario nos meses de xullo e agosto.
Dende a CGT da Coruña se está a organizar o desprazamento de compañeiros e compañeiras á manifestación de Madrid, polo que os traballadores e traballadoras interesadas deben poñerse en contacto, o antes posible, coas Seccións Sindicais ou directamente coa Federación Local para anotarse.

Mais información: Sindicato Federal Ferroviario da CGT

Comparte esta entrada ...