Onte, 16 de abril, mais dun millar de traballadores e traballadoras percorreron as rúas da Coruña en defensa dos postos de traballo en Atento na Coruña. A pesares de que desta convocatoria e do resto das mobilizacións se descolgaron a última hora do día anterior tanto UGT como CCOO, a manifestación foi un éxito de participación. Secundando o chamado da CGT e CIG, xa antes das 20 horas, una marea humana ocupaba a entrada da empresa na rúa de Juan Florez, punto de saída da marcha. Logo de percorrer o centro da cidade, a manifestación, combativa e ruidosa, rematou de novo diante da entrada de Atento, onde un voceiro de cada unha das organizacións se dirixiu aos asistentes, para anunciar a celebración hoxe de Asambleas de traballadores e traballadoras e para defender a mobilización e a loita obreira para a defensa dos postos de traballo na empresa.
Mais información no blog da Sección Sindical da CGT en Atento Coruña