O próximo sábado, día 20, a CGT, conxuntamente coa CIG, convoca unha manifestación en protesta pola situación dos traballadores de Correos. A mobilización comezará ás 11 da mañá na Porta do Camiño e rematará no edificio de Correos na rúa do Franco.
- Menos carteir@s, menos contratación, máis recortes, máis precariedade laboral.
- Queren acabar con nós!
- Temos que impedilo!
- Sen carteir@s non hai Correos
- Pola cobertura de todas as prazas
- Polo cumprimento do servizo público universal
- Por unhas condicións de traballo dignas no CTA
Sindicato Federal de Correos da CGT – A Coruña