CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/manifestacion-do-primeiro-de-maio-na-coruna-organizate-e-loita/ Export date: Tue Mar 11 7:00:42 2025 / +0000 GMT |
Manifestación do Primeiro de Maio na Coruña: Organízate e Loita
Este Primeiro de Maio, a Confederación Xeral do Traballo (CGT) da Coruña manifestouse polas rúas mais céntricas da cidade, baixo o lema "Contra a explotación, organízate e loita".
Nun ano fondamente marcado na cidade coruñesa pola perda de postos de traballo, polo peche de empresas e polo aumento da precariedade no emprego, cerca dun centenar de traballadores e traballadoras secundaron a mobilización convocada pola CGT. A forte e continua choiva, que restou participación a tódalas convocatorias de actos do primeiro de maio, acompañou durante todo o percorrido á manifestación que partiu, pasado xa o mediodía, da praza de Pontevedra. Durante todo o percorrido se berraron consignas contra o peche de empresas, contra os Con posterioridade cerca dunha trintena de militantes celebramos nos locais sindicais un xantar de confraternización confederal. |
Post date: 2007-05-03 03:12:11 Post date GMT: 2007-05-03 02:12:11 Post modified date: 2007-05-03 12:31:25 Post modified date GMT: 2007-05-03 11:31:25 |
Export date: Tue Mar 11 7:00:42 2025 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |