Este Primeiro de Maio, a Confederación Xeral do Traballo (CGT) da Coruña manifestouse polas rúas mais céntricas da cidade, baixo o lema "Contra a explotación, organízate e loita".
Nun ano fondamente marcado na cidade coruñesa pola perda de postos de traballo, polo peche de empresas e polo aumento da precariedade no emprego, cerca dun centenar de traballadores e traballadoras secundaron a mobilización convocada pola CGT.
A forte e continua choiva, que restou participación a tódalas convocatorias de actos do primeiro de maio, acompañou durante todo o percorrido á manifestación que partiu, pasado xa o mediodía, da praza de Pontevedra.
Durante todo o percorrido se berraron consignas contra o peche de empresas, contra os despidos en Atento, contra a explotación e a represión sindical, mentres soaban as notas de "A las barricadas", ata o remate da manifestación na praza do Humor.
Con posterioridade cerca dunha trintena de militantes celebramos nos locais sindicais un xantar de confraternización confederal.