extel-ere-no-cgt-2A CGT da Coruña convoca a toda a súa afiliación, simpatizantes e pobo traballador en xeral a que participen na manifestación que comezará o próximo xoves, día 6, ás 20:00 horas, diante da tenda de Movistar na rúa Ramón y Cajal da Coruña. O €R€ que pretende a empresa Extel consiste no despedimento de 355 traballadores, dos que 205 son do centro de traballo da Coruña.

Para a CGT, trátase dunha decisión inxustificada e fraudulenta da empresa, que está a desviar chamadas a centros de traballo de sudamérica para intentar demostrar unha reducción no volume de negocio.

A CGT vai combater con todos os seus medios este repugnante abuso da empresa, abuso que se produce nun sector altamente precarizado e que ten unhas condicións laborais e salariais de explotación intolerables.

BASTA XA DE EXPLOTACIÓN!

A LOITA É O ÚNICO CAMIà‘O!

NON AO ERE EN EXTEL!

Comité Local da CGT da Coruña

Comparte esta entrada ...