CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/manifestacion-contra-as-medidas-do-goberno/ Export date: Mon Apr 7 2:11:52 2025 / +0000 GMT |
Manifestación contra as medidas do goberno:A FL de Vigo chegou a un acordo con outras oitos organizacións ( sindicais, políticas, culturais e da mocidade ) para tentar dar unha resposta e facerlle ver aos sindicatos institucionais que só queda un camiño: a folga xeral. Así facemos un chamamento a todos os afiliados e simpatizantes para que o día 27 de maio ás 20:00 dende a Vía Norte participen na manifestación contra as agresións do capital e pola folga xeral. Non nos quedamos calados /as. A semana pasada o goberno de Zapatero comunicou a intención de levar a cabo un plano de choque contra o déficit público: conxelación das pensións, rebaixa salarial aos empregados-as públicos ( moitos deles non son nin mileuristas), eliminación dos cheques-bebes, eliminación de supostos para a xubilación parcial, precarización das axudas para os dependentes. Estas medidas únense ás xa tomadas con anterioridade: suba do IVE, ampliación da idade de xubilación e dos anos para o cómputo das pensións, e está a piques de chegar unha nova reforma laboral que polo que se coñece non vai ser máis que un novo ataque aos que menos teñen. Fronte a isto o goberno mantén unha política fiscal regresiva, consinten a privatización da sanidade e da educación, subvenciona aos bancos con fondos públicos, e ás grandes empresas ao tempo que lles aproban EREs mentres non deixan de facer horas extra. É sintomático que o goberno anunciara todas estas medidas que afectan fundamentalmente aos sectores máis débiles da clase obreira como a súa primeira opción, mentres que as medidas a tomar para gravar aos ricos aínda as tivera que pensar, non vaia ser que se molesten. Ante esta situación, unha das máis graves que padeceu o Estado Español, os sindicatos institucionais tentan por todos os medios non mobilizar aos traballadores e que asistan impasibles mentres se lle fai pagar os efectos dunha crise que non provocaron. |
Post date: 2010-05-22 12:21:51 Post date GMT: 2010-05-22 11:21:51 Post modified date: 2010-05-22 12:24:37 Post modified date GMT: 2010-05-22 11:24:37 |
Export date: Mon Apr 7 2:11:52 2025 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |