A CGT de Galicia, conxuntamente coas outras organización sindicais con representación en Novagalicia banco, convocan unha manifestación unitaria en Santiago de Compostela para o próximo sábado, 12 de xaneiro de 2013, con saída ás 12:00h desde a Alameda, baixo o lema "Non ao plan de reestruturación de novagalicia banco. Non á destrucción de 2.508 postos de traballo». Distintas Federacións Locais e sindicatos da CGT de Galicia están organizando o desprazamento á manifestación do maior número de compañeiros posible, polo que pedimos que aqueles que queirades asistir con nós nolo comuniquedes o antes posible (a ser posible antes do xoves desta mesma semán).
CGT Ponetevdra – Arousa