CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/la-otra-obra-social-de-caixanova-represion-y-despidos/
Export date: Tue Jul 16 13:43:35 2024 / +0000 GMT

La otra obra "social" de Caixanova: Represión y despidos.


25 ANIVERSARIO DO CENTRO CULTURAL CAIXANOVA

Este ano, 2009, Caixanova celebra o 25 aniversario do seu Centro Cultural. Faino coa mensaxe de "compartindo ilusións" e, efectivamente, hai ilusións e disfrutes que merecen a pena o seren compartidos.

Vostedes veñen a disfrutar dun deses actos que, seguramente, sen a financiación de Caixanova, non poderíamos ter na nosa cidade. E, sinceramente, desxámoslle que o disfruten. Val a pena.

Sen embargo, tamén lle queremos informar de outro labor de Caixanova. Labor que non publica, que esconde. É o outro "labor social" de Caixanova.

Caixanova é dona de "R" e, polo tanto, tamén é responsable das condicións de traballo que se dan no grupo "R". É dicir, en "R" e as súas contratas. É un mundo de precariedade laboral, de represión e de despidos. E para mostra, din que basta un botón: o despido de Xurxo Gómez Nuñez.

Xurxo é o único escalador na plantilla de Gainca, empresa que traballa para "R". Non ten contrato de traballo asinado, non ten xornada laboral fixa (nin horaria nin xeográficamente). O día 17 de Marzo de 2008  sufre un accidente laboral e necesita asistencia sanitaria na unidade de neurociruxía.



Ó pouco tempo, a empresa empeza a presionalo para que se reincorpore ó traballo. Xurxo négase a por en risco a súa integridade física. A chantaxe da empresa chega ata o delicto: o día 21 de abril preséntalle un contrato de traballo rexistrado no INEM coa sinatura do traballador falsificada. Xurxo denuncia os feitos diante da Inspección de Traballo o día 2 de maio de 2008. A empresa o despide o día 20 de maio.



O informe da Inspección de Traballo non dixa dúbidas: a sinatura do traballador foi falsificada, o contrato é un fraude de lei e consideran o seu despido como nulo.

As actuacións xudiciais van camiño do Tribunal Supremo, "R" non atende ó requerimento do sindicato e a Direción Xeral de Caixanova nin escoita nin contesta ás peticións da CGT e do Comité de Empresa de Caixanova da provincia de Pontevedra.



A Dirección Xeral de Caixanova está sendo directamente responsable desta canallada.

Non queremos amargarlle o seu disfrute cultural. Queremos informalle desta outra cara escura de Caixanova e reclamar a súa solidaridade facendolle chegar á Dirección de Caixanova a súa queixa e repulsa por esta actuación e para impedir esta tremenda inxustiza.

Pola nosa parte, imos continuar ata conseguilo.

XURXO READMISIÓN.
Post date: 2009-01-07 13:25:33
Post date GMT: 2009-01-07 12:25:33

Post modified date: 2009-01-07 13:25:33
Post modified date GMT: 2009-01-07 12:25:33

Export date: Tue Jul 16 13:43:35 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com