CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/isto-e-a-xustiza-do-estado-de-11-a-14-anos-de-carcere-por-defender-a-universidade-publica/
Export date: Thu Nov 21 18:12:04 2024 / +0000 GMT

Isto é a Xustiza do Estado: De 11 a 14 anos de cárcere por defender a universidade pública


A CGcartel-proyecto-pontevedraT de Pontevedra convoca unha concentración o próximo xoves, día 20, ás 19:30 horas, na Praza da Peregrina, en Pontevedra, para denunciar a violencia do Estado eos seus brazos represivos: Leis, tribunais e fiscais Mordazas, capaces de ameazar con penas de 11 a 14 anos de cárcere a traballadores i estudiantes cuxo único ‘delito" foi opoñerse -sin outra violencia que a pacífica ocupación das oficinas do rectorado universitario- a unha brutal suba do 66% das taxas e o despedimento de traballador@s.

En abril de 2013 realozouse unha ocupación do rectorado da Universidad Autónoma de Barcelona para esixir o cumprimento do acordo do claustro contraria a unha brutal suba do 66% das taxas e despedimento de traballador@s.

Varios profesores amosaron a súa solidariedade, entre eles Ermengol Gassiot, actual Secretario Xeral da CGT de Cataluña. Neste contexto, a CGT da universidade realizou unha férrea oposición ás políticas neoliberais de recortes lideradas polo rectorado.

A ex-vicerrectora Silvia Carrasco (de Iniciativa per Catalunya-Els Verts) presentou unha deuncia ante os mossos fabulando a existencia dun entramado político-estudantil-sindical con oscuros fins. Esta denuncia, respaldada polo rectorado puxo fácil á fiscalía a realización dunha brutal montaxe contra o movemento estudantil e o sindicalismo molesto.

25 estudantes, un traballador da Universidade e o Secretario Xeral da CGT de Cataluña atópanse cunha petición de penas de prisión de entre 11 e 14 anos, só equiparables a delitos de homicidio, segundo o actual Código Penal.

A CGT pide a solidariedade contra eta montaxe represiva. Queren atacar a protesta, o sindicalismo que non agacha a testa e dar un escarmento ao movemento estudantil.

Defender a Universidade Pública non é delicto!

Liberdade para os estudantes e traballadores da UAB!

 

Comité Local de CGT Pontevedra
Post date: 2016-10-18 19:46:11
Post date GMT: 2016-10-18 18:46:11

Post modified date: 2016-10-18 19:46:11
Post modified date GMT: 2016-10-18 18:46:11

Export date: Thu Nov 21 18:12:04 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com