A CGT de Pontevedra convoca unha concentración o próximo xoves, día 20, ás 19:30 horas, na Praza da Peregrina, en Pontevedra, para denunciar a violencia do Estado eos seus brazos represivos: Leis, tribunais e fiscais Mordazas, capaces de ameazar con penas de 11 a 14 anos de cárcere a traballadores i estudiantes cuxo único ‘delito" foi opoñerse -sin outra violencia que a pacífica ocupación das oficinas do rectorado universitario- a unha brutal suba do 66% das taxas e o despedimento de traballador@s.
En abril de 2013 realozouse unha ocupación do rectorado da Universidad Autónoma de Barcelona para esixir o cumprimento do acordo do claustro contraria a unha brutal suba do 66% das taxas e despedimento de traballador@s.
Varios profesores amosaron a súa solidariedade, entre eles Ermengol Gassiot, actual Secretario Xeral da CGT de Cataluña. Neste contexto, a CGT da universidade realizou unha férrea oposición ás políticas neoliberais de recortes lideradas polo rectorado.
A ex-vicerrectora Silvia Carrasco (de Iniciativa per Catalunya-Els Verts) presentou unha deuncia ante os mossos fabulando a existencia dun entramado político-estudantil-sindical con oscuros fins. Esta denuncia, respaldada polo rectorado puxo fácil á fiscalía a realización dunha brutal montaxe contra o movemento estudantil e o sindicalismo molesto.
25 estudantes, un traballador da Universidade e o Secretario Xeral da CGT de Cataluña atópanse cunha petición de penas de prisión de entre 11 e 14 anos, só equiparables a delitos de homicidio, segundo o actual Código Penal.
A CGT pide a solidariedade contra eta montaxe represiva. Queren atacar a protesta, o sindicalismo que non agacha a testa e dar un escarmento ao movemento estudantil.
Defender a Universidade Pública non é delicto!
Liberdade para os estudantes e traballadores da UAB!
Comité Local de CGT Pontevedra