CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/intensificanase-as-mobilizacion-contra-as-sancions-en-atento-a-coruna/
Export date: Tue Jul 16 14:26:27 2024 / +0000 GMT

Intensifícanse as mobilizacións contra as sancións en Atento-A Coruña


13735097_2072749682950138_4539270634882144711_oA CGT volve facer un chamamento a todos os traballadores e traballadoras de Atento Coruña para que acudan á concentración que terá lugar na rúa Juan Flórez (fronte ao centro de traballo), este xoves, día 21, ás 20:00 horas, para esixir a retirada das brutais sancións que a empresa impuxo a catro afiliados e afiliadas (as máis graves a suspensión de emprego e soldo de 60 días a tres deles) e o cesamento da represión que están a padecer.

Ademais, o vindeiro martes 26 de xullo, e polos mesmos motivos, realizarase unha concentración diante da sede central da empresa na rúa Santiago de Compostela 94 (Madrid) que terá lugar entre as 14:00 horas e as 15:30.

Sección Sindical da CGT en Atento-A Coruña

Post date: 2016-07-19 11:53:18
Post date GMT: 2016-07-19 10:53:18

Post modified date: 2016-07-19 11:54:32
Post modified date GMT: 2016-07-19 10:54:32

Export date: Tue Jul 16 14:26:27 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com