CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/incidentes-no-xulgado-do-social-numero-4-de-vigo/
Export date: Tue Jul 16 13:22:57 2024 / +0000 GMT

Incidentes no Xulgado do Social número 4 de Vigo


 Desaloxado o público no xuízo contra PSA Citroà«n por despedimento do delegado da Sección Sindical de CGT en Citrà¶en. A representación legal de CGT solicita o despedimento nulo por represión sindical

 

Este venres 25 de marzo celebrábase o xuízo contra PSA Citroà«n España polo despedimento do delegado da Sección Sindical de CGT na citada empresa. Dez minutos antes da hora fixada para o comezo do xuízo a sala do Social número 4 estaba chea de compañeiros do despedido que querían mostrarlle a súa solidariedade.

 O problema xurdíu cando a xuíz titular, antes incluso de sentarse na sala, e polo tanto, antes de dar inicio ao xuízo propiamente dito, ordea o desaolxo do público. Certamente os xuices teñen a potestade de ante desordes ou posibles desordes na sala mandar desaloxala, pero esta circunstancia non se producíu en ningún momento o pasado venres. Ao mesmo tempo, hai que lembrar que segundo a Constitución Española este tipo xuízos son públicos polo que unha medida que rexistra este dereito debería ser tomada en casos extremos. Os intentos do representante de CGT para que a xuiza cambiara a súa decisión foron infructuosos e o único que se conseguiu foi tanto ou máis arbitrario que a primeira decisión: que só puderan estar presentes 4 persoas por cada parte, parece que o que lle molestaba a xuiza foi a numerosa preseza de compañeiros do despedido.

Inmediatamente despois dos feitos representantes deste sindicato tiveron unha entrevista co Xuíz Decano do Vigo para amosarlle o malestar do Sindicato e do público en xeral. O Decano reconoceu que era unha medida un tanto drástica por producirse antes incluso de que a xuiza chegara a sentarse. Neste sentido o Decano comprometeuse a falar coa xuiza para ver que sucedera.

Ao mesmo tempo, un importante número de persoas efectuaron inmediatamente reclamacións contra a actitude da xuiza ante o Consello Xeral do Poder Xudicial.

Para a CGT estes feitos supoñen un ataque aos dereitos de todos os cidadáns que non poden ser permitidos.
Post date: 2011-03-25 20:21:41
Post date GMT: 2011-03-25 19:21:41

Post modified date: 2011-03-25 20:28:20
Post modified date GMT: 2011-03-25 19:28:20

Export date: Tue Jul 16 13:22:57 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com