CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/incidencias-nas-convocatorias-de-prazas-de-navantia/ Export date: Mon Dec 23 14:05:18 2024 / +0000 GMT |
Incidencias nas convocatorias de prazas de NavantiaPrazas operarios-empregados júnior 2019: Se alguén pensou que polo menos o ingreso na factoría se desenvolvería con normalidade, equivocouse. Dúas persoas que superaron o segundo exame non ingresarán. En ambos casos acordouse chamar ós seguintes da respectiva especialidade. Nun caso, a persoa non respondeu ás comunicacións de Navantia para o recoñecemento médico. Navantia di que non sabe o motivo; outra posibilidade é que non o queira contar. No outro, pasou o recoñecemento médico e incluso apareceu na lista oficial de ingresos publicada por Navantia. Pero co resto da súa especialidade xa dentro, Navantia comunica... que a persoa NON TIà‘A A TITULACIÓN REQUIRIDA PARA PRESENTARSE ÁS PRAZAS. Dada a limitación de 3 por praza no segundo exame, este erro significou que unha persoa ficou inxustamente sen posibilidade de optar a unha praza. Despois de ano e medio de proceso, este descontrol é de escándalo. A CGT pediu explicacións. ¿Esa persoa enganou na inscrición? ¿Navantia equivocouse ó dala por admitida? Se foi este caso, ¿que pasou? ¿Foi neglixencia ou hai outra causa? Como sempre, RRHH de Navantia non responde. As persoas poden equivocarse, pero o proceso non pode ter fallos porque estamos falando do futuro de persoas. A CGT esixe que Navantia garanta que isto non volve ocorrer e que a solicitude dos orixinais dos títulos académicos se faga antes da publicación das listas definitivas do primeiro exame. Decenas de convocatorias para a antiga Escola de Aprendices facendo todo a man, manexando milleiros de papeis entregados en persoa, e nunca houbo ningún problema. E agora, na Navantia 4.0 e cunha compañía subcontratada, un psicólogo fachendoso, un portal de emprego, medios informáticos, etc., e todo son problemas. Está claro que o verdadeiro problema é que non hai vontade de facer uns procesos obxectivos e transparentes, a pesar de que Navantia debería dar exemplo como empresa pública que é. Prazas sénior 2019: Onte houbo reunión empresa-comité. A CGT protestou pola publicación das listas provisorias de admitidos e non admitidos nas prazas de operarios-empregados en plena Semana Santa e tamén porque o prazo de reclamacións violara os criterios usados até agora, posto que empezou o mesmo día da publicación e rematou en festivo (Xoves Santo). A CGT plantexou dúas cousas: 1) Apertura dun novo prazo de reclamacións, por entender que publicalas en Semana Santa non era axeitado. 2) Que, como mínimo, se aceptasen tódalas reclamacións recibidas dentro do que sería o prazo de reclamacións se chegan a usarse os criterios que se viñan utilizando até agora (inicio do prazo ó día seguinte da publicación e non incluír nin festivos nin fins de semana). Só a CIG apoiou estas propostas. CCOO e MAS posicionáronse coa empresa, para variar. UGT non particpou na xuntanza. Respecto ás prazas universitarias,a CGT esixiu a publicación de listaxes de admitidos e non admitidos. Non publicalas é unha total falla de respecto a tódolos aspirantes, que o menos que se merecen é saber canto antes se están dentro ou fóra da convocatoria e ter a posibilidade de reclamar. A empresa rexeitouno argumentando que non se acordara así coa parte social. Dado o nivel de non admitidos que hai nas prazas, ¿por que RRHH de Navantia, CCOO e MAS teñen tanto interese en converter os procesos de ingreso en auténticas carreiras de obstáculos para a maioría da xente? Sección Sindical Unitaria de CGT-Navantia |
Post date: 2021-04-12 09:24:00 Post date GMT: 2021-04-12 08:24:00 Post modified date: 2021-04-13 09:31:38 Post modified date GMT: 2021-04-13 08:31:38 |
Export date: Mon Dec 23 14:05:18 2024 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |