CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/inauguracion-na-coruna-do-memorial-as-vitimas-da-represion-franquista/
Export date: Tue Jul 16 6:12:11 2024 / +0000 GMT

Inauguración na Coruña do Memorial ás vítimas da represión franquista


A inauguración do Memorial ás vítimas da represión franquista, "Xérmolos de Paz e Liberdade", do escultor "Valdi", terá lugar o vindeiro domingo, 19 de decembro de 2010, as 17 horas, na avenida de Navarra (nos xardíns, fronte á residencia Torrente Ballester), organizada pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.

Nesta inauguración procederase a unha lectura colectiva dos nomes das 600 persoas asasinadas polo franquismo nos concellos da Coruña, Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada; coa participación de distintas entidades, entre elas a CGT da Coruña, así como persoas do mundo da cultura, deporte, profesionais, etc. Haberá varias intervencións, entre elas de familiares das vítimas, e música.

Mais información:


Links:
  1. http://www.memoriadacoruna.com/
  2. http://memorialibertariagaliza.blogspot.com/
Post date: 2010-12-15 13:40:50
Post date GMT: 2010-12-15 12:40:50

Post modified date: 2010-12-16 13:15:04
Post modified date GMT: 2010-12-16 12:15:04

Export date: Tue Jul 16 6:12:11 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com