CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/francia-psa-peugeot-citroen-en-loita/ Export date: Fri Jan 31 2:05:23 2025 / +0000 GMT |
Francia: PSA- Peugeot Citroà«n en loitaA folga en Citroà«n PSA- Aulnay ( rexión parisina ) por motivos salariales, xubilacións 55 anos e conversión de 700 contratos eventuais a indefinidos, continua. Os 500 obreir@s están en folga dende fai máis de un mes. O venres 16 de marzo, os folguistas acudian a los tribunales porque a dirección de PSA-PEUGEOT CITROà‹N estaba utilizando traballadores "amarelos" contratados nas ETT´S para facer o traballo dos folguistas nas cadeas e utilizando traballadores de citroà«n de outras cidades.(Rennes, Sochaux, Moulhouse). A empresa foi condenada judicialmente a pagar 5.000 Euros por traballador contratado ilegalmente. Dende o principio da folga do 28 de Febreiro do 2.007, a empresa perdeu por motivo da folga mais de 12.000 vehiculos. A presión contra os folguistas persiste moi forte: intimidacións contra os sindicalistas, cartas enviadas os folguistas dicindo que perderan xa 1.000 Euros dos seus xornais mensuais.Estos metodos radicalizan ainda maís a rabia d@s folguistas que actualmente cobran pouco.(1.300 euros na sua maioria). Para apoiar a folga a sección da CNT na empresa ( a CNT rexión parisina) sigue activa: participando nos piquetes da folga e apoiando económicamente. A Secretaría Internacional da CNT parisina agradece a CGT Cádiz, a sección Citroà«n CGT Vigo,a SAC sueca, e a INICIATIVA dos traballadores (Polonia), as mensaxes de Solidariedade recibidos que transmitimos os compañeiros en folga. Sección Sindical PSA-Peugeot Citroà«n de Vigo |
Post date: 2007-04-10 19:54:56 Post date GMT: 2007-04-10 18:54:56 Post modified date: 2007-04-10 19:57:16 Post modified date GMT: 2007-04-10 18:57:16 |
Export date: Fri Jan 31 2:05:23 2025 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |