Durante todo o percorrido da manifestación foron coreadas consignas contra a reforma das pensións, a reforma laboral, os despedimentos e expedientes de regulación de emprego, contra os gobernos e a patronal, a represión contra os sindicalistas da CGT (en particular referencia ós tres despedidos en Citroen-Vigo) e a favor da necesidade de continuar as mobilizacións logo desta folga xeral.
Ao término da manifestación, o secretario da F.L. de Pontevedra dirixiuse ós presentes, para reafirmar a necesidade da mobilización contra a traición sindical e social que esa mesma mañán tiña ofrecido un dos exemplos más vergoñentos dos últimos anos: a sinatura polas cúpulas de CC OO e UXT dun pacto co goberno para dinamitar o sistema público de pensións.
A folga xeral tivo un seguimento moi irregular en Pontevedra e comarca. Pecharon a maior parte dos talleres do polígono industrial do Campiño, do mesmo xeito que os concesionarios de automóviles, con alguna excepción. Tamén fixeron folga os traballadores da limpeza pública. O seguimento da folga no transporte foi reducido, ainda que no porto de Marín o paro foi masivo, tanto nos frigoríficos como no transporte portuario e administración. Lamentablemente a incidencia da folga foi muito menor, moi escasa, no sector de servicios, na banca, no pequeno e mediano comercio, nos medios de comunicación e tamén na administración pública e no ensino.
A manifestación convocada pola CGT como culminación da xornada de loita e folga xeral do 27 de xaneiro era a segunda e última das celebradas en Pontevedra ese día. Rematou ás 20,30h fronte á Delegación do Goberno. Dende o punto de partida na Praza da Ferrería cerca de cen de manifestantes recorreron algunhas das principais rúas da cidade.