CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/folga-en-extel-rodea-a-torre-de-hercules/ Export date: Wed Dec 25 13:17:02 2024 / +0000 GMT |
Folga en Extel - Rodea a Torre de HérculesMañá, martes, día 18 de outubro, @s traballador@s de Extel farán outra folga de 24 horas para manifestar o seu rexeitamento do ERE presentado pola empresa que pretende suprimir 355 postos de traballo (205 na Coruña). Coincidindo con este paro, @s traballador@s rodearán a Torre de Hércules a partir das 12:00 horas. Este ERE está totalmente inxustificado, dado que as chamadas do 1004. servizo de antención ao cliente de Movistar, non van desaparecer dun día para outro, senón que, seguramente serán desviadas a lugares onde as condicións laborais son aínda máis precarias. O argumento da empresa no que se indica que desde o día 1 de outubro descendería o número de chamadas non é certo; seguen a producirse centos delas que non poden ser atendidas debido a que a empresa non ten renovado a 330 traballador@s en algúns dos centros do que Adecco ten en todo o estado. Sección Sindical da CGT en Extel - A Coruña |
Post date: 2016-10-17 07:43:34 Post date GMT: 2016-10-17 06:43:34 Post modified date: 2016-10-17 07:43:34 Post modified date GMT: 2016-10-17 06:43:34 |
Export date: Wed Dec 25 13:17:02 2024 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |