CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/folga-en-atento-coruna/
Export date: Tue Jul 16 8:25:25 2024 / +0000 GMT

Folga en Atento Coruña




Dende o mes pasado, a empresa decidiu castigar a algúns traballadores e traballadoras do SST polos datos de satisfacción que, como sabemos, case nunca son responsabilidade nosa, xa que os clientes responden ás enquisas de satisfacción avaliando negativamente a Movistar, non ás persoas que atendemos as súas chamadas. Dende entón, convocamos paros laborais os luns e venres xunto cunha folga de 24 horas. A empresa deu a calada como resposta e tamén notificou a máis compañerias e compañeiros a volta ó traballo presencial, argumentando tamén datos de mala calidade..

Entendemos que a empresa non vai parar este disparate e está disposta a expoñer a nosa saúde facéndonos volver á plataforma, con todo o que iso implica (reutilización do transporte público, coincidencia nas zonas comúns, ademáis de traballar todo o día con máscara posta). Para o Comité (do que forma parte a CGT) (e en xeral para quen teña dous dedos de fronte), calquera seguimento que se faga na plataforma pódese levar a cabo en modo "on line" porque xa o están a facer noutros servizos, polo que NINGÚN DATO XUSTIFICA que a empresa expoña a nosa saúde.

É hora de ser máis contundentes, de mostrar a Atento que, aínda que estamos na casa, non imos tragar con malas decisións que non están xustificadas. Porque se non detemos estas accións, empregarán o TELETRABALLO como moeda de cambio para os seus intereses, en vez de usalo para protexer a saúde do seu persoal como tantas outras empresas nestes tempos de pandemia.

Polo tanto, convocamos un día completo de folga para o LUNS 7 DE DECEMBRO. Día no que pararemos as 24 horas para dicir que

  • queremos seguir protexendo a nosa saúde e a do noso entorno familiar
  • queremos que as e os compañeiros castigados sexan devoltos ás súas casas
  • xa houbo un caso positivo na plataforma e enviaron persoas á corentena preventiva e ISTO PODÍA EVITARSE

IMPORTANTE: Ademáis da xornada de 24 horas do LUNS 7 de decembro, continuaremos cos paros, pero SÓ os VENRES, é dicir, suspéndense os paros dos luns dende xa, peromantemos OS DOS VENRES, 2 HORAS Ó FINAL DAS NOSAS XORNADAS LABORAIS)

Comité de Empresa de Atento - A Coruña

Post date: 2020-11-25 09:12:39
Post date GMT: 2020-11-25 08:12:39

Post modified date: 2020-11-26 09:17:11
Post modified date GMT: 2020-11-26 08:17:11

Export date: Tue Jul 16 8:25:25 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com