CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/folga-e-manifestacion-na-coruna-contra-o-ere-en-atento/ Export date: Tue Apr 8 20:25:56 2025 / +0000 GMT |
Folga e manifestación na Coruña contra o ERE en Atento![]() O ERE encóntrase en proceso de negociación e ata hoxe se celebraron tres reunións nas que a empresa trata de xustificar o despedimento argumentando falsas causas económicas, productivas e organizativas. A CGT denuncia que Atento xera beneficios e que a carga de traballo é cada vez maior nos últimos meses, ao tempo que responsabiliza a Movistar de precarizar cada vez mais as condicións laborais e destruir emprego estable a través de empresas como Atento ou Extel. Lembramos que o plantel de ambas contratas leva realizando mobilizacións desde xaneiro, reclamando o cesamento das presións, abusos, ameazas e despedimentos inxustos e arbitrarios, todo isto froito das directrices que marca Telefónica. Preto das tres cuartas partes do traballo que xera Atento no estado español é de atención ao cliente de Movistar, quen pretende ofrecer un valor engadido aos seus clientes -proximidade xeográfica e calidade nos seus servizos de atención- a costa de explotar aos seus traballadores e traballadoras, en maior medida aos subcontratados/as, que deben soportar ataques contra a súa saude e continuos e inxustificados despedimentos. Ata o de agora, a deslocalización dos servizos de Movistar (a Latinoamérica e Marrocos) provocaba precariedade e destrucción de emprego no estado español. Para a CGT é inconcebible que a anunciada volta á atención telefónica desde os centros de traballo no estado español siga a producir despedimentos e recortes laborais; a única explicación encóntrase na avaricia empresarial de Movistar e mailas súas contratas, que buscan aínda maior beneficio a costa dos dereitos laborais dos seus traballadores e traballadoras. Mais información: Blog da Sección Sindical da CGT en Atento na Coruña 1 |
Links:
|
Post date: 2014-07-14 19:41:05 Post date GMT: 2014-07-14 18:41:05 Post modified date: 2014-07-14 20:04:35 Post modified date GMT: 2014-07-14 19:04:35 |
Export date: Tue Apr 8 20:25:56 2025 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |