CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/ferrol-por-unha-asemblea-xeral-en-navantia/ Export date: Mon Dec 23 0:17:45 2024 / +0000 GMT |
Ferrol: Por unha Asemblea Xeral en NavantiaQue este convenio está sendo atípico, ou incluso histórico, non se pode dubidar: mínima información, falta de asembleas, ausencia total de mobilizacións para exercer presión, recortes nos dereitos conquistados durante décadas de loita...
Interesa á empresa, para que os negociadores sindicais se separen o máis posible dos traballadores, a fin de que as opinións destes non contrarresten os esforzos que ela exerce para que a visión empresarial penetre na cabeza dos sindicalistas. Por iso lle chaman "negociación" a xuntanzas que foron meras proxeccións de power-points, se enclaustran en Los Peñascales, etc. Interesa á burocracia sindical, para librarse da molesta interferencia dos traballadores e ter as mans libres para argallar o que lles conveña ós seus aparatos sindicais, que teñen os seus propios intereses alleos ós intereses da clase obreira. O 26 e o 31 de outubro houbo asembleas xerais. En ambas, o comité dixo que trala seguinte xuntanza de negociación convocaría outra. Aínda estamos esperando. E quizais teñamos que seguir esperando porque algún membro do comité de empresa xa recoñeceu que non hai intención de convocala. Unha semellanza máis co IV Convenio. As cousas hai que facelas como se deben facer. OÂ PRIMEIROÂ ÉÂ QUEÂ TÓDOLOS TRABALLADORES DISPOà‘AMOS DO TEXTO ÍNTEGRO DO CONVENIO, INCLUÍDOS ANEXOS, TÁBOAS E ACTAS. Unha vez que houbo ocasión e tempo para que se lea e analice, DESPOIS DEBE HABER UNHA RONDA DE ASEMBLEAS DE TALLO PARA QUE O COMITÉ ACLARE DÚBIDAS (que a día de hoxe son moitísimas). O proceso debe CULMINAR NUNHA ASEMBLEA XERAL QUE MANTEà‘A UN DEBATE GLOBAL E TOME UNHA DECISIÓN. Así se fixeron sempre as cousas e así se deben facer agora. E se facer as cousas ben implica que a decisión quede para xaneiro, nada o impide, agás, quizáis, que o cobro dos obxectivos d algúns directivos dependa de que o plan/convenio se asine este ano. Pero os intereses persoais dos directivos da empresa non xustifican a chapuza sindical que se está a ver. Estamos ante un convenio histórico. Pero á historia pasan tanto as cousas boas como as cousas malas. SERÍA REALMENTE HISTÓRICO, EN SENTIDOÂ NEGATIVO, QUE O COMITÉ DE EMPRESA NON CONVOCASE UNH A ASEMBLEA XERAL. E POR ISO MESMO SERÍA INACEPTABLE. Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol |
Post date: 2018-12-10 10:27:56 Post date GMT: 2018-12-10 09:27:56 Post modified date: 2018-12-10 10:27:56 Post modified date GMT: 2018-12-10 09:27:56 |
Export date: Mon Dec 23 0:17:45 2024 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |