CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/ferrol-balance-da-negociacion-do-convenio-de-navantia/ Export date: Mon Nov 25 0:18:56 2024 / +0000 GMT |
[Ferrol] Balance da negociación do convenio de NavantiaComo era previsible, dado o número tan importante de prexubilacións e a manobra de ligalas co convenio, este foi aprobado no referendo do día 18. En calquera caso, a empresa e a burocracia sindical obtiveron na nosa factoría unha vitoria moi pírrica: O VOTO A FAVOR NIN SEQUERA CHEGOU Ó 55% (Nota: circularon uns resultados cunha porcentaxe superior, pero están mal porque os votos nulos foron 25, non 8). Reflectindo esta realidade, algúns medios de comunicación falaron de "aprobación axustada" e de "resultado rechamante" pola escasa diferenza entre o si e o non. O propio Galán admiteu que "esperaba uns resultados mellores" (La Voz de Galicia, 19/12/2018). A interpretación dos resultados é bastante obvia: en liñas xerais (aínda que, por suposto, houbo excepcións en ambos sentidos), votaron a favor os prexubilables e votaron en contra os traballadores que se quedan. Pero caben máis conclusións: dado o peso dos técnicos superiores na plantilla, parece bastante claro que tamén votaron en contra a maioría dos TS que se quedan, como apuntan ademais os resultados de Madrid (onde son xa a ampla maioría e o non alcanzou o 39"9%). Tamén cabe analizar outro dato. Xusto unha semana antes, CCOO celebrara unha consulta interna na que votaron 504 persoas, alcanzando o si o 86%. Aínda que o censo estaba inflado con decenas de afiliados que xa causaran baixa definitiva na empresa por xubilación ós 65 anos ou por incapacidade (ós que se estivo chamando telefonicamente para insistirlles en que viñesen votar), manobra cuxo obxectivo era dar unha imaxe de que o convenio tiña máis apoio do que en realidade tiña, parece tamén bastante claro que un sector da afiliación de CCOO que votara si na consulta interna optou polo non no referendo. Todo isto é relevante porque o convenio en realidade non está concluído: quedan as famosas cinco mesas de negociación, ás que, co fin de poder presentar o convenio único cunha cara máis amable, se trasladaron os tem as máis espiñentos, como a nova clasificación profesional, a nova estrutura salarial, os novos criterios de ascenso, o futuro dos conceptos sociais, a ordenación da industria auxiliar, as convocatorias de novos ingresos... Tan é así, que Antonio Noria, presidente do comité de Puerto Real e un dos asinantes do convenio, fixo o día 21 estas declaracións: "E, por suposto, ós que queden aquí lles queda unha loita por diante. Agora vén o difícil, que é facer cumprir o que asinamos". Ou sexa, el xa amañou o seu e o que veña atrás, que arree. E aínda se atreverá a chamarlle a isto sindicalismo de clase. Este convenio encerra grandes leccións. A primeira, que a herdanza sindical da Bazán está arrasada, destruída precisamente por que n máis responsabilidade tiña en preservala. Este convenio, xunto coa folga de compañías de outubro de 2017, é un punto de inflexión que marca a fin dunha etapa histórica do sindicalismo na nosa factoría, e o comezo doutra. O IV Convenio non foi cousa de Oliva. Todo o aparato de CCOO o apoiaba, empezando pola federación e continuando polos oficialistas de Ferrol. O problema foi que non tiveron en conta ós traballadores e se atoparon cunha oposición que lles impideu asinalo. Pero aprenderon a lección e aplicárona neste convenio, empezando por ligar convenio e plan (en contra do criterio sindical defendido historicamente) e continuando por facer todo o necesario para impedir unha repetición do acontecido no IV Convenio. Esta é a razón da falta de asembleas, da negativa a difundir os documentos da negociación, da mentira sistemática... Neste senso, este convenio viu feitos gravísimos, como a negativa do presidente do comité de empresa a someter a votación na asemblea xeral propostas que el rexeitaba, actitude que só pode cualificarse de autoritaria e ditatorial. Pero que ninguén se engane: a actitude de Galán non é unha cuestión de personalidade, como cando un neno perrencheiro se vai do campo levándose a pelot a, senón que responde a algo moito máis relevante: CCOO xa tiña un acordo coa SEPI e non podía permiti que nada o puxese en perigo, aínda que isto implicase ter ante o conxunto dos traballadores unha actuación digna do Sindicato Ver tical franquista.
Pero a lección máis importante é que a nova etapa sindical vai estar caracterizada polo feito de que os aparatos de CCOO e UGT asumiron a visión da empresa, pola FUSIÓN IDEOLÓXICA DE EMPRESA E BUROCRACIA SINDICAL. Esta fusión vai xerar unha crecente tendencia á coxestión , é dicir, á colaboración sindical nas decisións empresariais. Nunha cousa coincidimos con Antonio Noria: isto non rematou, os que fiquen traballando teñen unha loita por diante. A CGT CHAMA A TÓDOLOSÂ TRABALLADORES QUE VOTARON NON A MANTER AS ESPADAS EN ALTO E A PREPARARSE PARA AS FUTURAS BATALLAS SACANDO TÓDALAS LECCIÓNS DESTE CONVENIO. Neste senso, entendemos que A PRINCIPAL LECCIÓN É A NECESIDADE DE DOTARNOS DUNHA FERRAMENTA ÚTIL PARA DEFENDER OS NOS OS INTERESES COLECTIVOS, DOTARNOS DUN SINDICATO COMBATIVO E DE CLASE, QUE NON LLE DEBE FAVORES Á EMPRESA, QUE SÓ E STÁ COMPROMETIDO COA DEFENSA DOS TRABALLADORES E QUE ESTÁ DISPOSTO A SER COHERENTE ATA O FINAL. ¡ AFÍLIATE Á CGT ! Sección Sindical da CGT en Navantia-Ferrol |
Post date: 2019-01-09 13:35:10 Post date GMT: 2019-01-09 12:35:10 Post modified date: 2019-01-09 13:38:31 Post modified date GMT: 2019-01-09 12:38:31 |
Export date: Mon Nov 25 0:18:56 2024 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |