O vindeiro luns, 10 de maio, ás 19:00 horas, no Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo – Campus de Pontevedra (A Xunqueira), terá lugar a inauguración da Exposición sobre as Pedagoxías Libertarias que está a organizar a Confederación Xeral do Traballo (CGT) de Pontevedra.
Esta Exposición consta de 15 paneis, nos que se ofrece un percorrido polas diferentes teorías libertarias sobre educación e recupéranse algunhas das numerosas experiencias que ao longo da historia se levaron a cabo e seguen a se desenvolver.
Complétase a Exposición con dous paneis especificamente relacionados coas experiencias pedagóxicas libertarias levadas a cabo en Galicia.
A inauguración rematará cunha charla-coloquio sobre actualidade das pedagoxías libertarias nun contexto de control e dirección estatal do sistema educativo.
A Exposición permanecerá aberta ao público de luns a venres, de 9 a 14 horas e de 16 a 20 horas.

Comparte esta entrada ...