CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/exito-rotundo-da-xornada-de-folga-en-correos/ Export date: Sat Mar 15 4:40:56 2025 / +0000 GMT |
Éxito rotundo da xornada de folga en Correos![]() Dende a CGT da Coruña calificamos de éxito rotundo a xornada de folga convocada no día de hoxe a prol dunha mellora nas condicións laborais do persoal. A incidencia no reparto está sendo moi importante: -CENTRO TRATAMENTO POSTAL ÁREA NOROESTE, LAVACOLLA Turno de noite 70%, turno de mañá 85% Recordamos a nota de prensa que enviamos onte: Finalmente, e ao non haber acordo na xuntanza de negociación do convenio colectivo celebrada onte en Madrid, hoxe, 14 de marzo, a CGT comunica que mantén á terceira xornada de folga en todo o estado para loitar por un convenio digno e pola retirada do documento "Acuerdo Marco". Queremos lembrar que as anteriores tiveron un seguemento significativo nas cidades galegas, e nesta agardamos un seguemento semellante. Dende mañá pola mañá comunicaremos por este mesmo enderezo de mail os seguementos nos centros de traballo dos que teñamos coñecemento. Esta terceira xornada de folga reivindicando un convenio digno para o persoal de Correos, é a continuación das convocadas o día 26 de febreiro e 5 de marzo, que foron secundadas de xeito masivo entre o persoal de Correos, especialmente nas áreas urbanas onde os seguementos superaron amplamente o 60%. en moitas unidades de reparto da Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela. Ademáis o día 26 de febreiro e o 5 de marzo centenares de carteiros/as marcharon por Ferrol, Coruña e Santiago para chamar a atención dos problemas laborais do persoal. SEGUE A NEGOCIACIÓN DO CONVENIO, O "ACUERDO MARCO" DEBE SER RATIFICADO ANTES DE ESTE SÁBADO OU DECAIRÍA, TAL COMO ESIXE CGT A negociación do convenio está estancada. O 15 de marzo era a data límiete para ratificar o preacordo chamado "Acuerdo Marco" que recollía toda unha serie de recortes lesivos para o persoal e que motivaron estas folgas.. E, á hora de redacción deste comunicado, non hai acordo para a súa ratificación, aínda que Correos pretende que os sindicatos asinemos un documento para prorrogar o período de negociación ata ao 30 de xuño. Dende CGT reiteramos a solicitude da retirada inmediata dese lesivo documento e convidamos ao resto dos sindicatos a que escoiten ao persoal mobilizado e retiren tamén a súa sinatura. Na xuntanza de negociación do convenio celebrada hoxe, día 13, Correos mantivo as súas propostas de recortes e flexibilidades e, como única novidade, propuxo recuperar o programa que xa existía de excedencias incentivadas unicamente para o persoal funcionario, que nestes momentos é aproximadamente o apenas o 6% do persoal da compañía, (3000 persoas), e avanzou unha medida para o traslado de 800 persoas que están nestes momentos traballando en centros híbridos con Correos Exprés, sendo o de POCOMACO, na Coruña, o mais relevante con 18 persoas afectadas por ese traslado. A CGT por medio desta folga esixe a retirada dese acordó asinado por CCOO, UXT e CSIF e chama ao persoal a loitar por un convenio digno, por una recuperación salarial suficiente e pola mellora en xeral das condicións de traballo do colectivo postal. CONTEXTO: Esta serie de folgas están convocadas por CGT tras moitos anos de empeoramento do servizo público e das condicións laboráis. Só por lembrar, o convenio actual data de 2011, e desde aquela sinatura o salario do persoal diminuiu (en relación ao IPC) un 24%, as áreas de reparto medraron de forma alarmante empeorando as condicións laboráis, instauráronse as xornadas parcias de 4/5 horas para milleiros de persoas, etc… Entre o persoal agardábase que a apertura da do IV Convenio Colectivo abrise unha xanela á mellora das condicións de traballo do persoal, pero non está a ser así. Sección Sindical de CGT en Correos - A coruña |
Post date: 2025-03-14 16:48:16 Post date GMT: 2025-03-14 16:48:16 Post modified date: 2025-03-14 16:48:18 Post modified date GMT: 2025-03-14 16:48:18 |
Export date: Sat Mar 15 4:40:56 2025 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |