Dende a CGT da Coruña calificamos de éxito rotundo a xornada de folga convocada no día de hoxe a prol dunha mellora nas condicións laborais do persoal.
Podemos informar dun segumento medio global de mais dun 50%, con especial énfase nas áreas urbanas.
A incidencia no reparto está sendo moi importante:
-CENTRO TRATAMENTO POSTAL ÁREA NOROESTE, LAVACOLLA
Turno de noite 70%, turno de mañá 85%
– UNIDADES DE REPARTO:
UR1 Compostela (Rúa do Franco). 50% de folga
UR2 Compostela (Costavella) 75% de folga tarde 100%
UR Ferrol, 75% de folga
UR1 A Coruña (A Marina) 60% de folga
Ur2 A Coruña (Os Mallos) 50%
UR4 A Coruña (Os Castros) 15%
UR3 A Coruña (Agra do Orzán) 12%
Culleredo 20% de folga
Oleiros ATC 75% reparto 20%
Narón 35%
Recordamos a nota de prensa que enviamos onte:
NOTA DE PRENSA
Finalmente, e ao non haber acordo na xuntanza de negociación do convenio colectivo celebrada onte en Madrid, hoxe, 14 de marzo, a CGT comunica que mantén á terceira xornada de folga en todo o estado para loitar por un convenio digno e pola retirada do documento «Acuerdo Marco».
Queremos lembrar que as anteriores tiveron un seguemento significativo nas cidades galegas, e nesta agardamos un seguemento semellante.
Dende mañá pola mañá comunicaremos por este mesmo enderezo de mail os seguementos nos centros de traballo dos que teñamos coñecemento.
Desta volta non se teñen convocado concentracións de apoio nas vilas e cidades galegas. as mobilizacións centraránse en Madrid, Barcelona, Sevilla e outras cidades.
Esta terceira xornada de folga reivindicando un convenio digno para o persoal de Correos, é a continuación das convocadas o día 26 de febreiro e 5 de marzo, que foron secundadas de xeito masivo entre o persoal de Correos, especialmente nas áreas urbanas onde os seguementos superaron amplamente o 60%. en moitas unidades de reparto da Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela. Ademáis o día 26 de febreiro e o 5 de marzo centenares de carteiros/as marcharon por Ferrol, Coruña e Santiago para chamar a atención dos problemas laborais do persoal.
SEGUE A NEGOCIACIÓN DO CONVENIO, O «ACUERDO MARCO» DEBE SER RATIFICADO ANTES DE ESTE SÁBADO OU DECAIRÍA, TAL COMO ESIXE CGT
A negociación do convenio está estancada. O 15 de marzo era a data límiete para ratificar o preacordo chamado «Acuerdo Marco» que recollía toda unha serie de recortes lesivos para o persoal e que motivaron estas folgas.. E, á hora de redacción deste comunicado, non hai acordo para a súa ratificación, aínda que Correos pretende que os sindicatos asinemos un documento para prorrogar o período de negociación ata ao 30 de xuño. Dende CGT reiteramos a solicitude da retirada inmediata dese lesivo documento e convidamos ao resto dos sindicatos a que escoiten ao persoal mobilizado e retiren tamén a súa sinatura.
Na xuntanza de negociación do convenio celebrada hoxe, día 13, Correos mantivo as súas propostas de recortes e flexibilidades e, como única novidade, propuxo recuperar o programa que xa existía de excedencias incentivadas unicamente para o persoal funcionario, que nestes momentos é aproximadamente o apenas o 6% do persoal da compañía, (3000 persoas), e avanzou unha medida para o traslado de 800 persoas que están nestes momentos traballando en centros híbridos con Correos Exprés, sendo o de POCOMACO, na Coruña, o mais relevante con 18 persoas afectadas por ese traslado.
A CGT por medio desta folga esixe a retirada dese acordó asinado por CCOO, UXT e CSIF e chama ao persoal a loitar por un convenio digno, por una recuperación salarial suficiente e pola mellora en xeral das condicións de traballo do colectivo postal.
CONTEXTO:
Esta serie de folgas están convocadas por CGT tras moitos anos de empeoramento do servizo público e das condicións laboráis. Só por lembrar, o convenio actual data de 2011, e desde aquela sinatura o salario do persoal diminuiu (en relación ao IPC) un 24%, as áreas de reparto medraron de forma alarmante empeorando as condicións laboráis, instauráronse as xornadas parcias de 4/5 horas para milleiros de persoas, etc… Entre o persoal agardábase que a apertura da do IV Convenio Colectivo abrise unha xanela á mellora das condicións de traballo do persoal, pero non está a ser así.
Durante o mes de decembro producíronse varias reunións para a negociación do devandito convenio. De forma precipitada, o día 30 Correos remitiu un documento denominado «Acordo Marco Correos e Sindicatos» onde situaba os eixos estratéxicos a seguir pola dirección os próximos anos. CGT e una ampla maioría do persoal rexeitan este acordó, tal como está a demostrar o seguemento das folgas. O documento recorta aínda mais as precarizadas condicións de traballo do persoal de Correos, pretendendo a redución do persoal (actualmente rolda os 48000 traballadores cando en 2008 eran 66000 os carteiros), flexibilidades horarias, bolsa de horas ao servizo da empresa, aumentar o número de persoas que traballan na tarde e na fin de semana, da empresa, retribucións variables vinculadas ao cumprimento de obxectivos, etc Así mesmo, este Acordo sitúa a pretensión de Correos de implementar un plan de saídas “low cost” voluntarias incentivadas para persoal laboral de máis de 61 anos, pero con incentivos económicos totalmente insuficientes (un ano de salario), o que levará que os traballadores se vexan abocados a solicitar a xubilación voluntaria anticipada coa diminución que supón para a contía das súas pensións de xubilación
Sección Sindical de CGT en Correos – A coruña